GRUPO CUEVAS COLABORA COA FORMACIÓN EN COMPETENCIAS HORIZONTAIS
1 Marzo, 2013
Hoxe, o salón multiúsos Emilia Pardo Bazán (Ourense), acolle a celebración dun Curso de Competencias Horizontais organizado pola Área de Emprego da Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento e a Vicerreitoría do campus de Ourense. O obxectivo é formar ós asistentes en habilidades como o traballo en equipo, a intelixencia emocional e o liderado. Esta primeira sesión foi aberta ao público e comezou cunha conferencia de Santiago Vázquez, de Dirección de persoas de R, titulada "O Sentido do Traballo".
O acto contaba ademais coa mesa redonda: "Análise das competencias horizontais máis valoradas nos sectores produtivos galegos" na que participaron recoñecidas empresas ourensás. Entre elas, María José Fernández, responsable recursos humanos – desenvolvemento de persoas, de Grupo Cuevas.
Saber máis sobre o curso:
Ver ponencia: