Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS ABRE HOXE A SÚA SEXTA TENDA PLENUS

10 Setembro, 2015

O Grupo Cuevas inaugura hoxe un supermercado de 750 metros cadrados na cidade de Ourense, coa marca Plenus, que se suma aos cinco xa abertos en diferentes puntos de Ourense, Pontevedra e Lugo. Coa apertura deste Plenus consolídase o obxectivo de crecemento da rede comercial da compañía no segmento detallista, que se completa coa rede de establecementos Aquí e Aquié, ás que desde este ano se engade a ensina Cuevas-Spar.
Do mesmo xeito que os demais centros de alimentación creados polo Grupo Cuevas, este Plenus apostará pola fortaleza da sección de frescos e por unha oferta capaz de combinar primeiras marcas, especial atención aos produtos galegos e prezos moi competitivos.
Con esta apertura comeza a fase decisiva do plan estratéxico da marca Plenus, creada no ano 2011 mediante un formato novedoso en España, e que na actualidade supera xa os 2.700 metros cadrados de superficie de venda. Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas define o novo formato como “unha tenda de proximidade que encaixa tanto nas medianas como nas grandes poboacións, e representa un cambio de estilo e unha transformación radical do concepto de distribución no modelo de supermercados de proximidade en España”.
Ver imaxe