CUEVAS E CÍA S.A. ESTREA TENDA ONLINE
17 Setembro, 2012
Grupo Cuevas prosegue a súa expansión, esta vez a través da venda por Internet da súa liña de Marron Glacé.
Cuevas e Cía iniciou a súa actividade en 1944 e agora reforza con este lanzamento a súa aposta polo mercado dixital. O proceso de compra implantado na tenda é un circuíto sinxelo, que permite ao cliente elixir o produto, compralo e recibilo en case calquera lugar do mundo. Dende hoxe, xa se pode gozar dun anaquiño de alma de bosque en tan só un click.
Ver tenda