Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CUEVAS & CÍA NO PROGRAMA “LAS CUENTAS CLARAS”

19 Xuño, 2017

O programa “Las Cuentas Claras” de Telemiño emitiu no seu espazo unha reportaxe dedicada á xornada especial sobre Comercio Internacional organizado pola Confederación de Empresarios de Ourense, con apoio da Deputación a través do programa ExportOU, e a colaboración da consultora ourensá Forgal.
Contou coa intervención de diferentes executivos da área de internacional de Coren, Adolfo Domínguez, Grupo Cuevas e Estrella Galicia que explicaron, dentro do proxecto ExportOU, inconvenientes e vantaxes de exportación e a importación exterior. Fixérono en presenza de empresarios e executivos interesados na internacionalización das súas empresas. A presentación correu a cargo de José Manuel Díaz Barreiros, vicepresidente da CEO.
Os relatores, ademais de contar aspectos concretos da súa experiencia profesional e a das súas respectivas empresas, abordaron os distintos aspectos aos que unha empresa ten que atender para acceder con éxito ao mercado internacional, así como os controis que haberán de superar para poder exportar a distintos países.
Maite González Estévez, xerente de Grupo Cuevas Marrón Glacé, e Mariña Domínguez Valcárcel, técnica de exportación do grupo empresarial, referíronse a un caso práctico de xestión documental no mercado latinoamericano.
Ver vídeo