Traballa con nós

Queres formar parte do noso equipo?

Porque cremos que as persoas son a base da nosa actividade, queremos coñecerte.

O noso corazón empresarial está en Ourense. Alí residen as nosas oficinas centrais e o noso centro loxístico. A nosa rede de supermercados medrou ata chegar a toda Galicia.

As marcas Aquié, Plenus e Aquí traballan da man por un mesmo compromiso: facer a vida máis fácil aos nosos clientes. Se queres sumarte ao noso equipo e axudarnos a alcanzar este obxectivo, somos os que buscas.

Nós ofrecémosche a posibilidade de acceder a un emprego estable xunto a un equipo comprometido. Propoñémosche desenvolver todo o teu talento naquelas áreas nas que creas que podes achegar valor. Onde crees que poderías dar o mellor de ti? Nalgunha área corporativa dentro dos nosos servizos centrais? Como parte do noso equipo de Loxística e Distribución? A pé de rúa nun dos nosos supermercados?.

Se queres unirte ao noso equipo de profesionais, envíanos o teu currículo.