Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Coñeces a nosa campaña Benvid@?

22 Marzo, 2023

Se esperas un bebé, acabas de telo ou tes preto a unha persoa a que quede pouco para aumentar a familia… Esta información interesavos! Porque pensamos en seguir estando moi preto de ti no día a día e tamén nos momentos importantes da túa vida como e a chegada dun novo membro á familia. Tras seis anos regalando auga aos novos bebés de Galicia coa nosa campaña Benvid@ e descontando o 3% das súas compras ás familias que presentan a Tarxeta Benvid@ da Xunta de Galicia, queremos agora dar un paso máis e regalar cueiros para un ano enteiro! Desde o 23 de marzo ata o 19 de abril, en todos os nosos súper Plenus e Aquié con compras superiores a 25 euros participa no sorteo dunha montaña de cueiros para todo un ano! Tés a tarxeta ou a App de MeGustaIrAlSuper? Faicha xa e empeza a gozar de todas as súas vantaxes. Ver imaxe Consultar bases legais