CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS EN XANTAR
15 Outubro, 2022
Xa esta aberto o prazo de inscricion para participar no “X Concurso Gourmet Grupo Cuevas”!
Un ano mais ponemos en marcha, en colaboracion con EXPOURENSE, un dos concursos culinarios mais esperados de XANTAR, o Salon Internacional de Turismo Gastronomico, que se celebrara do 9 ao 13 de novembro en Ourense.
O X Concurso Gourmet GRUPO CUEVAS virara ao redor das maximas que construiron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da sua historia: a innovacion e a experiencia, a modernidade e a tradicion, o emprendemento e a solidez. O obxectivo do concurso e promover a cocina autoctona con especial atencion a un produto tan noso como e a castana e a traves dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformandoas en pratos tradicionais ou innovadores e que, dalgunha forma, recollan esta dualidade.
Como en edicions anteriores, hai tres categorias de participacion: profesional, semiprofesional e afeccionado; e podese facer de forma individual ou en grupo (cun maximo de 3 participantes). Iso si, hai un par de requisitos que as receitas participantes deben cumprir: a utilizacion imprescindible de produtos de Cuevas y Cia na elaboracion da receita e, como minimo, dun produto gourmet de orixe galega.
Tes xa algunha receita en mente? O prazo para enviala finaliza o 25 de outubro as 13:00h!
Ver imaxe
Consulta bases legais