Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CLUB DE MONTAÑA GRUPO CUEVAS NOGUEIRA TRAIL

1 Xaneiro, 2016

Detrás da formación dun equipo hai un vínculo característico que diferencia os deportistas que o integran pero que á vez os une. O Grupo Cuevas Nogueira Trail nace da paixón por correr de afeccionados ao running que colleron confianza tras verse e axudarse unha e outra vez nas múltiples carreiras nas que participaron.
“Somos un grupo de 30 integrantes. Non pensabamos que iamos ter tanto éxito, pero amigos e coñecidos pedíronnos unirse” di Diego Novelle, o presidente do club.
Grupo Cuevas Nogueira Trail participa en probas e actividades a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Entre os seus membros conta con atletas que superaron con éxito recoñecidos maratóns e Ultra Trails de montaña como: maratón do Sabres, 101 Peregrinos, Goretex Transalpina, Ancares 3 Trails, Somiedo, Zegama, Trail de Peñalara, Emulihak, Aquilianos, Travesera, Transvulcania, Picos de Europa, Galarleiz, Aneto, Gueyos do Diaño, Serra de Freita, Trilhos dous abutres, Trilhos Paleozoico, Obidos, Maratón de New York, Maratón de Dubai, Maratón de Berlín, Etc.
O club está adscrito á Federación Galega de Montañismo, e por conseguinte á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
Do mesmo xeito, Grupo Cuevas Nogueira Trail organizará eventos deportivos con alcance nacional e internacional, o seu próximo reto xa ten data: 2 de outubro, I Trail Ribeira Sacra.
Sígueos en Facebook