Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

BENVIDO SPAR CAMARIÑAS

10 Febreiro, 2022

Damos a benvida á familia de Grupo Cuevas a unha nova tenda Spar Express na Ronda San Xurxo, número 14 de localidade coruñesa de Camariñas. Cun horario continuado de 9 da mañá a 21 horas da noite de luns a sábado e de 9:00 a 14:30 os domingos, esta tenda conta con seccións de frescos en carnicería, panadería, frutería, charcutería. Un equipo de sete persoas atenderá este novo punto de venda do rural de máis de 300 metros cadrados e que se converte no supermercado, baixo formato de franquía, máis amplo de toda a insignia en Galicia. Con esta apertura, o Grupo Cuevas suma 52 franquiados no seu haber que, sumados aos seus supermercados e centros cash and carry alcanzan a cifra de 93 puntos de venda en Galicia, Castela e León, Asturias e Cantabria.