Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AUGA! A NOVA EXPOSICIÓN DOS SUPERMERCADOS AQUIÉ

7 Setembro, 2018

Con setembro chega unha nova exposición a Aquié, enmarcada na campaña "Saca un dez cada día!". Arrincabamos este 2018 cunha serie de consellos que tiñan como obxectivo ofrecerche sinxelos e prácticos consellos para facer a túa vida mellor. Queremos que sigas sacando un 10 cada día e que, ademais de facer unha hora de exercicio diario, te apuntes ao costume san de beber auga cada día. A exposición chamada AUGA! proponche os momentos ideais para beber auga e cales son as cantidades adecuadas. Ademais, na mostra realizamos unha selección de augas singulares traídas de todo o mundo. Auga de néboa, auga procedente dun iceberg, auga filtrada con ouro e mesmo auga negra! Por suposto, tamén hai unha parte dedicada a Galicia e aos nosos ricos mananciais de auga mineral. Queremos que o teu momento de facer a compra se convirta nunha experiencia agradable e por iso, tamén te convidaremos a xogar connosco nunha divertida actividade dentro do supermercado. Participa, que hai premio! Desde hoxe e ata o próximo 4 de outubro, a exposición chega a Aquié Porriño. En outubro poderemos gozala no supermercado Aquié de Santiago de Compostela e, finalmente, pecharemos o ciclo en Aquié Fleming, en Ourense.
E lembra que beber 2 litros de auga cada día é beneficioso para a túa saúde. SACA UN DEZ CADA DÍA!
Consulta as bases legais