Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AQUIÉ SORTEA UNHA BICICLETA TÁNDEM POR SAN VALENTÍN

28 Xaneiro, 2016

As parellas deben andar xuntas e en Aquié sabemos como conseguilo… Ata o 13 de febreiro os nosos establecementos levan a cabo unha curiosa campaña de San Valentín e sortean unha espectacular bicicleta tándem.
Para poder participar, debes escribir unha gabanza, a máis bonita, a máis graciosa ou a máis simpática que se che ocorra e depositala na urna. Por cada compra que realices utilizando a túa tarxeta cliente, recibirás un boleto. O sorteo realizarase entre todos os cupóns recibidos.
Paralelamente, se nos segues en Facebook (Aquí-é), tamén podes participar noutra promoción de San Valentín e conseguir unha cesta de froitas. Sorteámola entre as 5 gabanzas máis votadas.
Anímate a participar!
Ver imaxe da campaña

Facebook