AQUIE ENSINA O MELLOR DO DEPORTE DE O PORRIÑO
16 Xuño, 2014
Seis dos máis destacados deportistas do Porriño de todos os tempos estarán presentes nunha exposición conxunta promovida polo Grupo Cuevas no seu supermercado Aquié (Rúa Pinal, Nº2, O Porriño), na que se poderá coñecer o historial, parte do equipamento utilizado e algúns dos galardóns que os distinguiron entre os mellores da súa especialidade.
Nesta exposición, na que colaborou o propio Concello, están representados destacados campións do deporte como Abel Maceiras, Javier Rodriguez, Jesús Martínez, José González, ou clubs como o Club Balomnano Xuvenil Feminino ou o Club Zeltia F.C.
Con esta iniciativa, aberta a todo o público, o Grupo Cuevas avanza no seu obxectivo de facilitar o coñecemento e o acceso a distintas actividades destacadas dende unha perspectiva diferente e nun lugar tan especial como é un supermercado, polo que tamén propicia os seus clientes unha compra entretida e proveitosa.