Compromisos
Filosofía e garantías dos nosos supermercados
tan esencial como a túa alimentación
Sentímonos privilexiados podendo traballar para ti e a túa familia en algo tan esencial como a alimentación e o que se consome na casa. Porque queremos seguir rompendo a rutina á hora de facer a compra e ser firmes no noso compromiso de facerche a vida máis fácil, decidimos asumir estes 10 compromisos contigo:
COMPROMISO COA ALIMENTACIÓN VARIADA E EQUILIBRADA CADA DÍA
Queremos que o teu menú diario sexa san, saboroso e económico e por iso apostamos polos pratos baseados na Dieta Atlántica Galega. Poñemos á túa disposición na nosa web unha ampla selección de receitas elaboradas por un equipo de nutricionistas da Universidade de Vigo para que cada día teñas a alimentación máis saudable.
COMPROMISO CO PRODUCTO MÁIS FRESCO
Comer alimentos frescos e de tempada é unha das claves para manter a boa saúde. Seleccionamos diariamente para ti o peixe máis fresco que vén directo das lonxas galegas e escollemos os mellores produtos da terra para que o teu corpo estea san e o teu padal goce dos sabores máis auténticos.
COMPROMISO COA TÚA FIDELIDADE
Porque sabemos que se nos visitas é porque confías nos nosos produtos e no noso servizo, poñemos á túa disposición a tarxeta “Gústame ir ao súper” coa que poderás gozar de descontos, promocións e moitas máis vantaxes pensadas para ti.
COMPROMISO COAS DATAS DE CADUCIDADE
Se atopas nos nosos supermercados un produto caducado, regalámosche dous iguais, coa data correcta.
COMPROMISO DE PREZOS EXACTOS
Se o prezo marcado no estante e o do tícket de caixa non son iguais por un erro, regalámosche o produto.
COMPROMISO COS PRODUTOS GALEGOS
Sempre que exista un produto galego en igual calidade e prezo que outro, potenciaremos o produto da nosa terra. A sustentabilidade ambiental tamén sairá gañando polo menor transporte.
COMPROMISO DA TRANSPARENCIA
Para que só pagues o xusto, garantímosche que as nosas básculas están destaradas, para que non pagues papel a prezo de marisco.
COMPROMISO COA TÚA TOTAL SATISFACCIÓN
Se algo que compraches non che satisfai, cambiámosche o dito produto por outro similar ou devolvémosche os cartos. Sen necesidade de máis explicacións.
COMPROMISO DE SUSTENTABILIDADE
Mantemos un comportamento socialmente responsable nas nosas tendas no referente ao aforro enerxético lumínico, a reciclaxe de elementos asociados á nosa actividade e tamén nas embalaxes.
COMPROMISO COA TÚA COMODIDADE
Ofrecémosche repartimento a domicilio gratuíto e un servizo de recollida en tenda. Consulta centros e condicións.