Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AQUÍ CABRAL É, DESDE HOXE, UN NOVO PLENUS

19 Setembro, 2019

Máis metros, máis referencias e novas seccións. O supermercado Aquí de Cabral reabre hoxe as súas portas como Plenus e faio duplicando a súa superficie e estreando novo horario. Plenus Cabral contará con todas as seccións de frescos: Carnicería, Frutería e, como novidade, Peixaría. Ademais de incorporar novas referencias da variedade da nosa marca propia, SPAR, comercializará tamén Tenreira Galega certificada e pan e peixe do día.
En horario continuo de 9.15 a 21.30 horas, de luns a sábado, o supermercado ten á súa disposición un aparcamento público gratuíto próximo que facilitará a compra aos clientes.
Coa apertura desta tenda, a cadea de supermercados Plenus suma 11 centros en toda Galicia e consolida así a súa presenza en Pontevedra, concretamente, no barrio vigués de Cabral (Avenida Ramón Nieto, 487).
Ver fotos