Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Crema Aranjuez (espárragos)

15 Xullo, 2015

Crema Aranjuez (espárragos)

Crema Aranjuez (espárragos)

Información nutricional:

Kcal: 188,8
Proteínas: 14,5%
Hidratos de carbono: 38,2%
Lípidos: 47,3%

Ingredientes

  • 100 g espárragos brancos
  • 40 g porro
  • 50 g pataca
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1/2 vaso (100 mL) leite
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • ceboliño

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar en aceite o porro e a pataca en láminas sen que tomen cor. Engadir os espárragos co auga da lata, o leite e o auga deixando cocer 15 min. Triturar e pasar por chinés. Dar punto de sal cubrir con ceboliño.

Vantaxes:
Os espárragos son talos novos e tenros da esparragueira, planta herbácea da familia das Liliáceas. O compoñente maioritario dos espárragos frescos é o auga; son unha das hortalizas con maior contido proteico e fibra e o seu contido en graxas e hidratos de carbono é moi baixo. En relación co seu contido vitamínico, destaca a presenza de folatos, provitamina A (beta-caroteno) e das vitaminas C e E. A excepción dos folatos, o resto cumpren unha importante acción antioxidante. Ademais, presentan cantidades importantes de potasio, ferro, fósforo e yodo.

Hamburguesa de tenreira

Hamburguesa de tenreira

Hamburguesa de tenreira

Información nutricional:

Kcal: 350
Proteínas: 37,9%
Hidratos de carbono: 25,6%
Lípidos: 36,5%

Ingredientes

  • 150 g hamburguesa tenreira
  • 100 g puré pataca
  • 25 g salsa tomate
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

As hamburguesas márcanse na prancha cun pouco de aceite. Acompañar as hamburguesas cun puré de pataca e un toque de tomate.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Espaguetis con atún

Espaguetis con atún

Espaguetis con atún

Información nutricional:

Kcal: 357,4
Proteínas: 18,4%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 52,7%

Ingredientes

  • 70 g pasta (espaguetti)
  • 50 g atún en conserva
  • 100 g salsa tomate
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • ourego
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga fervendo con sal durante o tempo que indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, mesturar o atún escorrido coa salsa de tomate. Mesturar coa pasta e quentar. Dar o punto de sal e pementa. Cubrir con ourego.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Este prato tamén presenta un gran contido en tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Guiso de fletán

Guiso de fletán

Guiso de fletán

Información nutricional:

Kcal: 442,7
Proteínas: 45%
Hidratos de carbono: 23,9%
Lípidos: 31,1%

Ingredientes

  • 150 g filete fletán
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 25 g cebola
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 15 g salsa tomate
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • colorante alimentario
  • perexil
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar nunha cacerola con aceite a cebola e os pementos en xuliana. Engadir a pataca en dados grandes(3x3). Engadir o pementón, a salsa de tomate e o caldo de peixe coloreado. Cando a pataca comece a estar branda (12min) engadir o peixe limpo de pel e espiñas cocinando 5min máis.

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.

Callos á galega

Callos á galega

Callos á galega

Información nutricional:

Kcal: 661,5
Proteínas: 28,9%
Hidratos de carbono: 38,5%
Lípidos: 32,7%

Ingredientes

  • 100 g garavanzos
  • 75 g tenreira tripa
  • 50 g pata tenreira
  • 15 g orella porco
  • 15 g pata porco
  • 25 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • pementón picante
  • 1 comiños moídos
  • colorante alimentario
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 2 horas minutos

Remollar os garavanzos en auga morna con sal 12h. Cocelos en pota a presión sen que despellexen. Noutra cazola limpar as tripas e patas cortando todo en anacos non moi grandes. Cocer coa orella e a pata de porco lentamente (de 2 a 2 e 1/2 h). Xuntar cos garavanzos e engadirlle un rustrido de allo, cebola e pementón. Dar o toque de cominos e sal, así como de colorante.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.