Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Peixe espada á bilbaína

15 Xullo, 2015

Peixe espada á bilbaína

Peixe espada á bilbaína

Información nutricional:

Kcal: 399,1
Proteínas: 27,7%
Hidratos de carbono: 24,6%
Lípidos: 47,8%

Ingredientes

  • 150 g peixe espada
  • 2 dentes (10g) allo
  • 2 culleradas (20mL) aceite oliva
  • 1 (100g) pataca
  • vinagre
  • perexil
  • caiena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe espada e marcalo na prancha volta e volta. Separadamente, nunha tixola dourar o allo fileteado coa caiena. Cando estea dourado retirar do lume e engadir o vinagre. Verter sobre o peixe, cubrir de perexil e meter ó forno 10min. Acompañar de pataca redonda ó vapor.

Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado, pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais, entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a presenza de fósforo e magnesio, posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.

Feixóns verdes estufados

Feixóns verdes estufados

Feixóns verdes estufados

Información nutricional:

Kcal: 218,8
Proteínas: 12%
Hidratos de carbono: 46,4%
Lípidos: 41,6%

Ingredientes

  • 150 g feixóns verdes
  • 100 g salsa tomate
  • 25 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar os feixóns e cortar en dados. Nunha pota quentar o aceite, engadir o allo e a cebola picados, refogar uns instantes. Engadir a salsa de tomate e os feixóns. Cubrir con auga suficiente para a cocción e deixar ferver ata que estean tenros.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).

Lombo de tenreira ao forno

Lombo de tenreira ao forno

Lombo de tenreira ao forno

Información nutricional:

Kcal: 807,9
Proteínas: 24,6%
Hidratos de carbono: 12,5%
Lípidos: 62,9%

Ingredientes

  • 150 g lombo tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 50 mL viño tinto
  • 25 g cebola
  • 15 g tomate
  • 15 g porro
  • 15 g cenoria
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 3 g maicena
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Asar o lombo no forno ata que ó pinchalo non solte sangue. Acompañar no forno cun picado de verduras. Cando estea asado, retirar da bandexa do forno e engadir viño para aproveitar os mollos. Verter estes mollos coados nunha cacerola e engadir caldo de carne espesando con maicena. A pataca irá nunha rebanda grosa que se frite lentamente en aceite e logo se introduce ó forno con cebola en tiras, previamente pasada en aceite.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.

Macarróns boloñesa

Macarróns boloñesa

Macarróns boloñesa

Información nutricional:

Kcal: 328,6
Proteínas: 22,0%
Hidratos de carbono: 35,5%
Lípidos: 42,5%

Ingredientes

  • 60 g macarróns
  • 20 g carne porco
  • 25 g carne tenreira
  • 60 g salsa tomate
  • 20 mL viño tinto
  • 15 g cebola
  • 15 g cenoria
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Separadamente, no aceite quente rustrir o allo, a cebola e a cenoria, engadir a carne picada e saltear. Engadir o viño tinto, deixar reducir e engadir a salsa de tomate deixando cocer todo xunto. Servir a pasta quente coa salsa enriba e queixo relado.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, da carne de tenreira e de porco, e do tomate e os seus derivados, que presentan numerosos beneficios para o organismo, tales como propiedades antioxidantes, debidas ó licopeno ou como efecto diurético, debido ó potasio.

Palometa ao forno

Palometa ao forno

Palometa ao forno

Información nutricional:

Kcal: 439,7
Proteínas: 45,0%
Hidratos de carbono: 13,5%
Lípidos: 41,6%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 50 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e cortar en rodas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, regar co aceite de oliva, deixando 10 minutos máis e engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.