Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Pavo refogado con verduras

15 Xullo, 2015

Pavo refogado con verduras

Pavo refogado con verduras

Información nutricional:

Kcal: 294,1
Proteínas: 46,6%
Hidratos de carbono: 12,5%
Lípidos: 40,9%

Ingredientes

  • 150 g peituga pavo
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 50 g cabaciño
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Cortar o pavo en dados e logo de salpementar, douralo ben nunha tixola moi quente con aceite. Retirar e reservar. Nese mesmo aceite refogar as verduras cortadas en xuliana e cando estean "al dente" engadirlles o pavo. Deixar mesturar os sabores e retirar.

Vantaxes:
O pavo é fonte de proteínas, vitaminas do grupo do complexo B e ácido fólico e de minerais como o fósforo, o potasio, o magnesio, o ferro e o zinc. A carne de pavo contén maior proporción de graxa insaturada que axuda a previr os problemas do corazón. E ademais presenta menor contido en graxas saturadas e menor valor calórico.

Acelgas con tomate

Acelgas con tomate

Acelgas con tomate

Información nutricional:

Kcal: 149,5
Proteínas: 12,1%
Hidratos de carbono: 34,7%
Lípidos: 53,2%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 60 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as acelgas en auga abundante con sal. Cando estean cocidas escorrer. Refogar a cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Agregar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas; presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Raxo frito

Raxo frito

Raxo frito

Información nutricional:

Kcal: 416,4
Proteínas: 32,8%
Hidratos de carbono: 21,6%
Lípidos: 45,5%

Ingredientes

  • 150 g lombo porco
  • 1 (100g) pataca
  • 1 dente (5g) allo
  • 5 mL brandy
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa branca
  • ourego
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar o raxo en dados e deixar en adubo 24h co allo laminado, brandy, sal, pementa, perexil, ourego e parte do aceite. As patacas córtanse en dados e frítense na fritideira. O raxo frítese con pouco aceite e a lume forte para que doure, moi pouca cantidade xunta para que non coza. Servir en cazola sobre as patacas.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.

Fabas á mariñeira

Fabas á mariñeira

Fabas á mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 491,3
Proteínas: 40,8%
Hidratos de carbono: 42,5%
Lípidos: 16,7%

Ingredientes

  • 80 g fabas
  • 25 unidades (sen concha) berberecho
  • 25 g mexillóns (sen concha)
  • 25 g gambas
  • 25 g lura
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 20 g salsa tomate
  • 20 g cebola
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (4mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Remollar as fabas polo menos 12h en auga fría con sal. Cocelas lentamente ata que estean tenras. Á parte refogar no aceite o allo, a cebola, e engadir o pementón e as luras en dados. Engadir as gambas, mexillóns e berberechos. Introducir as fabas cocidas e poñer o tomate e o caldo deixando cocer todo xunto uns instantes. Dar o punto de sal.

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estreñimiento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.

Abadexo á vizcaína

Abadexo á vizcaína

Abadexo á vizcaína

Información nutricional:

Kcal: 354,2
Proteínas: 34,1%
Hidratos de carbono: 37,3%
Lípidos: 28,6%

Ingredientes

  • 150 g abadexo
  • 1 (100g) pataca
  • 25 g pemento chouriceiro
  • 25 g cebola
  • 75 g tomate
  • 15 g pan de molde
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar a cebola e o allo en aceite, engadir o pemento chouriceiro previamente hidratado. Agregar o pementón doce e a continuacón o tomate. Engadirlle o pan de molde fritido. Deixar cocer 20 minutos. Triturar e pasar por chinés. Salgar os lombos e cubrir coa salsa. Metelos no forno sobre 15min. Acompañar dunha ou dúas patacas redondas cocidas.

Vantaxes:
O abadexo é un peixe branco cun baixo contido lipídico. É rico en vitaminas A, D e B12. Aporta proteínas de gran valor biolóxico e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexe ó corazón. Ademais contén cantidades moderadas de substancias antioxidantes, favorables fronte ó envellecemento celular.