Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Patacas con espinacas

15 Xullo, 2015

Patacas con espinacas

Patacas con espinacas

Información nutricional:

Kcal: 258,2
Proteínas: 31,3%
Hidratos de carbono: 39,2%
Lípidos: 29,5%

Ingredientes

  • 1 (115g) pataca
  • 75 g espinacas
  • 55 g bacallao
  • 75 mL auga
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha pota refogar en aceite o allo picado, engadir o pemento doce e as patacas cortadas, refogar uns instantes. Cubrir con auga e deixar cocer 10 minutos. Engadir as espinacas e a continuación o bacallau desalgado cortado en dados. Deixar cocer uns instantes máis, dar o punto de sal e retirar.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.

Feixóns verdes con tomate

Feixóns verdes con tomate

Feixóns verdes con tomate

Información nutricional:

Kcal: 359,1
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 27,6%
Lípidos: 57,6%

Ingredientes

  • 150 g feixóns verdes
  • 150 g salsa tomate
  • 50 g ovo cocido
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar os feixóns en bastóns. Cocelos en auga fervendo con sal. Cando estean tenros refrescar en auga fría e escorrer. Quentar aceite e engadir allo picado, deixar dourar e engadir os feixóns. Agregar a salsa de tomate e deixar cocer un instante. Acompañar de ovo cocido.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina). O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.

Bacallau ao allo torrado

Bacallau ao allo torrado

Bacallau ao allo torrado

Información nutricional:

Kcal: 443,9
Proteínas: 38,6%
Hidratos de carbono: 12,9%
Lípidos: 48,5%

Ingredientes

  • 150 g bacallau
  • 50 g puré de pataca
  • 50 mL leite desnatado
  • 20 g maionesa
  • 5 g améndoa
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer o bacallau lixeiramente (5-8 minutos). Escorrer. Mesturar a maionesa coa améndoa e o allo picado. Cunha espátula estender unha capa sobre o bacallau e introducir no forno a gratinar ata que se torre lixeiramente. Acompañar dun puré de pataca ó que se engadirá un sofrito do aceite de oliva con pementón.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais de ser expectorantes e anticatarrais.

Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mastigando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.

Guiso de verduras

Guiso de verduras

Guiso de verduras

Información nutricional:

Kcal: 190,8
Proteínas: 8,4%
Hidratos de carbono: 31,9%
Lípidos: 59,7%

Ingredientes

  • 80 g cabaciño
  • 60 g berenxena
  • 50 g salsa tomate
  • 25 g pemento verde
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g cebola
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar en dados grandes (1,5x1,5cm) o cabaciño con pel, e a berenxena, e en cadrados os pementos e a cebola. Refogar en aceite todas estas hortalizas e engadir finalmente a salsa de tomate e os chícharos cocidos á parte.

Vantaxes:
A combinación de berenxena, cabaciño, pemento vermello e verde, chícharos e cebola aporta ó organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerais tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte ós radicais libres que provocan o envellecemento celular.

Man de tenreira con chícharos

Man de tenreira con chícharos

Man de tenreira con chícharos

Información nutricional:

Kcal: 734,5
Proteínas: 33,9%
Hidratos de carbono: 17,9%
Lípidos: 48,2%

Ingredientes

  • 120 g cuarto dianteiro tenreira guisar
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g salsa tomate
  • 60 mL viño branco
  • 150 mL caldo carne
  • 30 g chícharos
  • 30 g cebola
  • 30 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola cun pouco de aceite moi quente. Pasar a unha pota. Na mesma tixola, dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos. Engadir viño á carne e deixar reducir. Engadir as verduras e o tomate. Mollar co caldo e cocer ata que a carne estea tenra. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir, case ó final da cocción, á carne.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro. Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.