Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

MAITE GONZÁLEZ NO ESPECIAL SOBRE A CASTAÑA DE TELEMIÑO

3 Novembro, 2015

Telemiño ofrece un especial sobre a castaña no que conta coa participación de Maite González, xerente de Cuevas e Cía, Manuel Vilariño, Secretario Técnico da IXP Castaña de Galicia, José Luis Quintana, asesor de Castaña Petelo, empresa adicada ao procesado de castañas, Paco Magide, tenente alcalde de Parada do Sil e Guillermo González, propietario da coctelería Moon e campeón de España de Skills.
Parte 1

Parte 2

CUEVAS Y CÍA EN COMANDO ACTUALIDAD

28 Outubro, 2015

“O outono é un filón” é o título do programa Comando Actualidad de TVE1 que esta semana trata o tema da castaña, un produto que pasou de ser un alimento de subsistencia a converterse nun artigo de luxo. Comando Actualidade visita a fábrica de marron glace para ver o proceso de fabricación do coñecido como “caviar da castaña”
Programa

GRUPO CUEVAS ALIMENTACIÓN PRESENTA OS DATOS DA SÚA EVOLUCIÓN E EXPANSIÓN

29 Setembro, 2015

A piques de cumprir os 150 anos de existencia Grupo Cuevas Alimentación presenta os seus datos de expansión no últimos cinco anos e as súas previsións de futuro.
"Debémoslle todo aos que iniciaron este proxecto porque nos sinalaron o camiño. Eles foron os que acertaron. Nós só deixámonos guiar polo seu espírito" (Artur Yuste, director xeral).
A actividade alimentaria do Grupo Cuevas creceu por encima do 30% no últimos cinco anos. Os ingresos da área de alimentación representan o 88% da facturación total.
Os establecementos integrados en Grupo Cuevas superan os 33.000 metros cadrados de sala de venda. O obxectivo é dispoñer en 2016 dunha rede comercial superior aos 70 establecementos.
Grupo Cuevas abriu dez tendas con Spar en cinco meses e prevé chegar a vinte antes de final de ano. A compañía intensifica o desenvolvemento dun plan que contempla un mínimo de 150 aperturas de supermercados por toda Galicia, no próximos oito anos.
Ampliar info facturación

Ampliar info sala ventas

Ampliar info Spar