Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

ENTREVISTA A MAITE GONZÁLEZ PARA LAS CUENTAS CLARAS

7 Decembro, 2015

Antonio Nespereira entrevista a Maite González para o programa Las Cuentas Claras de Telemiño, facendo unha valoración do que foi a campaña deste ano. Ademais, repasan o proceso que sofre a castaña desde que entra en fábrica ata que sae convertida no delicioso marron glace, un laborioso proceso de fabricación que dura 10 días.
“Somos moi optimistas á hora de valorar a campaña deste ano que se puido incrementar ao redor dun 20% sobre a produción do ano anterior”.
Ver entrevista

CAMPAÑA DE GRUPO CUEVAS OURENSE COCIÑA

1 Decembro, 2015

Grupo Cuevas promove un ano máis a iniciativa Ourense Cociña para promocionar a castaña de mans dos cociñeiros máis representativos da provincia. Cada domingo, estes chefs demóstrannos que a castaña, un produto humilde, sabe estar á altura das grandes ocasións:
– Juan Luís Igrexas. Hotel Restaurante Os Caracois (A Derrasa)
Secreto de porco ibérico con crema de boletus e castañas salteadas ao OPorto
– Óscar Paz e Franciso Silva. Hotel Restaurante Lusitano (Lobios)
Lombo de cervo envolto en bacon, sobre salsa de queixo de cabra da Serra do Xurés e castañas en almíbar
– Anxo Fernández Lois. Restaurante A Viuda (Poboa de Trives)
Xabaril guisado con castañas fritas
– Fany Suárez. Tapería Fío do Liño (Allariz)
Ensalada de crujiente de bacallau e castañas, rúcula e mazá
– Juan Carlos Vaquerizo. Restaurante Fuchela (O Carballiño)
Capón de Nadal con castañas e peras ao OPorto
Ver anuncios

PAOLO VASILE VISITA O GRUPO CUEVAS

29 Novembro, 2015

O conselleiro delegado de Mediaset España, Paolo Vasile, aproveitou a súa recente estancia en Ourense para gozar dun magosto cuns amigos e visitar Grupo Cuevas. Acompañáballe a súa esposa, Ana Lisa e o director xeral de contidos da cadea, Manuel Villanueva, e a súa esposa. Paolo Vasile mostrou un especial interese por coñecer a fabricación de marron glacé.
Ver foto

GRUPO CUEVAS PRESENTA A SÚA SELECCIÓN DE NADAL

10 Novembro, 2015

O rítmico vaivén das ondas, a choiva golpeando o cristal, o crepitar do lume na cheminea, os copos de neve bailando no aire, pisar as follas un día asollado de outono. Momentos e situacións que nos reconfortan, que desenredan as nosas neuronas enmarañadas, e alágannos con esa marabillosa sensación de paz. Igual que o Nadal.
A pesar do trajín, as présas, as compras de última hora, en Nadal, bailan no aire, como os copos de neve, unha chea de bos sentimentos, de ilusións, esperanzas. A escuma das ondas enche as copas e os sorrisos xorden espontáneos. O Nadal reconfórtanos.
Bo nadal a todos.
Descargar catálogo

A ALIANZA DE GRUPO CUEVAS CON SPAR RECUPERA O SUPERMERCADO DE PROXIMIDADE

8 Novembro, 2015

A alianza que selaron no seu momento Grupo Cuevas coa marca Spar está a dar bos froitos e axuda a situar á compañía ourensá dentro do competitivo sector da distribución.
Este acordo entre grupos de liderado aspira a consolidar, no prazo de oito anos, entre 150 e 200 puntos de venda repartidos polas catro provincias galegas. Cunha cifra de negocio estimada de 150 millóns de euros e unha contribución directa sobre o emprego local cifrada en máis de 500 postos de traballo.