Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CLUB DE MONTAÑA GRUPO CUEVAS NOGUEIRA TRAIL

1 Xaneiro, 2016

Detrás da formación dun equipo hai un vínculo característico que diferencia os deportistas que o integran pero que á vez os une. O Grupo Cuevas Nogueira Trail nace da paixón por correr de afeccionados ao running que colleron confianza tras verse e axudarse unha e outra vez nas múltiples carreiras nas que participaron.
“Somos un grupo de 30 integrantes. Non pensabamos que iamos ter tanto éxito, pero amigos e coñecidos pedíronnos unirse” di Diego Novelle, o presidente do club.
Grupo Cuevas Nogueira Trail participa en probas e actividades a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional. Entre os seus membros conta con atletas que superaron con éxito recoñecidos maratóns e Ultra Trails de montaña como: maratón do Sabres, 101 Peregrinos, Goretex Transalpina, Ancares 3 Trails, Somiedo, Zegama, Trail de Peñalara, Emulihak, Aquilianos, Travesera, Transvulcania, Picos de Europa, Galarleiz, Aneto, Gueyos do Diaño, Serra de Freita, Trilhos dous abutres, Trilhos Paleozoico, Obidos, Maratón de New York, Maratón de Dubai, Maratón de Berlín, Etc.
O club está adscrito á Federación Galega de Montañismo, e por conseguinte á Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
Do mesmo xeito, Grupo Cuevas Nogueira Trail organizará eventos deportivos con alcance nacional e internacional, o seu próximo reto xa ten data: 2 de outubro, I Trail Ribeira Sacra.
Sígueos en Facebook

FELIZ 2016

31 Decembro, 2015

É unha longa historia, pero seguimos poñendo saúde nas mesas e facendo máis doces as celebracións.
Son xa 54.000 días cumprindo desexos. Con luz propia. Desde Ourense. Polo mundo. Fieis ao noso.
Confeitando a vida.
Ver anuncios

GRUPO CUEVAS CELEBRA A SÚA FESTA INFANTIL DE NADAL

27 Decembro, 2015

Fieis á súa cita anual, os fillos dos empregados de Grupo Cuevas gozaron da súa festa de Nadal. Como cada ano, cancións, xogos, bailes e talleres creativos, nos que os pequenos participaron moi activamente ao longo da tarde. Durante a festa, Papá Noel entregou os premios aos gañadores do XII Concurso de Postais de Nadal e a todos os nenos participantes, que recolleron os seus agasallos moi ilusionados. Tamén saudou aos asistentes durante a deliciosa merenda, momentos que moitos aproveitaron para facerse uns selfies con el. Sen dúbida unha marabillosa tarde na que maiores e pequenos viviron entrañables e divertidos momentos.
Ver reportaxe

Ver postal

ENTREVISTA A ARTUR YUSTE PARA O SUPLEMENTO EURO

21 Decembro, 2015

Beatriz Tejada entrevista o director xeral de Grupo Cuevas para o suplemento dominical de La Región.
“A clave do noso progreso é o esforzo, que nos deu bos froitos”.
“Se facemos o mesmo que todo o mundo chegaremos onde xa está todo o mundo. Queremos ser diferentes”.
Leer entrevista