Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

APERTURA DUNHA NOVA TENDA SPAR EN MOREIRAS

5 Abril, 2016

Grupo Cuevas inaugurou o pasado venres 1 de Abril un novo SPAR na localidade Ourensá de Moreiras (termo municipal de Toén), concretamente na Estrada Xeral Nº 68
O horario comercial de atención ao público será de luns a sábado de 9:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:30h.
Esta nova tenda SPAR dispón de 160 m2 de superficie comercial e poñerá a disposición dos seus clientes unhas 2.000 referencias de produtos, tanto da marca propia SPAR como de marcas líderes do mercado.
O novo establecemento ten 2 empregados e conta con seccións asistidas de carnicería, charcutería e frutería.
Grupo Cuevas é socio e distribuidor exclusivo nas provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra da marca SPAR, recoñecida a nivel mundial pola súa aposta pola innovación e a calidade en produtos propios.
SPAR, é a maior organización a nivel mundial do comercio detallista, estando presente en 40 países e cunha rede de máis de 12.000 tendas.
Ver imaxe

FEIRA O POLÍGONO NUNCA VISTO

1 Abril, 2016

Con motivo do seu 50 Aniversario, a Asociación de Empresarios do Polígono San Cibrao celebra en Expourense a feira O Polígono Nunca Visto os días 1 e 2 de abril. Frunatur e Cuevas e Cía estarán presentes cunha caseta. O horario da feira é ininterrompido de 9:00 a 20:30.

ARTUR YUSTE FALA DE TECNOLOXÍA NA REVISTA INFORETAIL

22 Marzo, 2016

A revista Inforetail recolle no seu número 28 unha entrevista co director xeral de Grupo Cuevas, Artur Yuste, onde fala da innovación no punto de venda como unha oportunidade para o retail.
Reportaxe “Conectados co future”, revista Inforetail Nº28, páx. 34-45

O COLEXIO CARMELITAS VISITA AQUIÉ FLEMING

17 Marzo, 2016

Unha vintena de alumnos de Economía de Bacharelato de Carmelitas participaron nunha clase moi especial: coñecer sobre o terreo como se leva a cabo a xestión empresarial dun modelo de supermercados como os da cadea Aquié, de Grupo Cuevas. Esta visita é unha das actividades previstas nun convenio de colaboración que AJE Ourense asinou con Carmelitas e con outros centros docentes, e cuxo principal obxectivo é fomenter a cultura emprendedora.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS PATROCINADOR OFICIAL DO DOCUMENTAL “MÁIS CA VIDA”

22 Febreiro, 2016

Un ano de ensaios co director do proxecto VIDA Rubén Riós, ao carón dun colectivo de persoas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo do que son capaces, foi o detonante para levar a cabo a realización de dúas grandes obras audiovisuais tomando como base o espírito de unión e o traballo en equipo.
“Máis ca Vida” é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a estas persoas. O documental plasma en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe en ligazón aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.
A obra de ficción “Vida”, unha mistura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual deste grupo, que entrelazadas a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión.
A obra estrearase o próximo 25 de febreiro no Autidorio Municipal de Ourense e estará en carteleira 3 fins de semana podéndose comprar as entradas en www.ataquilla.com
Grupo Cuevas, no seu compromiso coa cultura galega, é patrocinador da obra. Os nosos supermercados de Ourense (Aquié, Aquí e Plenus) sortearán en cada tenda unha entrada dobre para a sesión do día 11 de marzo.
Saber máis