Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

ARTUR YUSTE EN “A REVISTA” DE TVG E “A TARDE” DE RADIO GALEGA

6 Abril, 2017

Durante a xornada de hoxe, Artur Yuste visitou as instalacións da Compañía de Radio e Televisión de Galicia en San Marcos, Santiago de Compostela. Pola mañá participou no programa "A Revista" de TVG. Laura Peña, conductora do programa, entrevistou en directo o director xeral, onde o tema principal foi a celebración, neste 2017, do noso 150 aniversario.
Durante a tarde, compartiu impresións tamén no espacio de revista e entretemento da Radio Galega, "A Tarde" que conduce Cristina García.
Ver entrevista na TVG

Escoitar entrevista en A Tarde (minuto 29:40)

ARTUR YUSTE IMPARTE UNHA MASTER CLASS EN “LA MOLINERA”

30 Marzo, 2017

Con motivo da celebración do "Demo Day" no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera de Ourense, Artur Yuste impartiu unha master class aos participantes do primeiro coworking da EOI en colaboración coa Deputación de Ourense. Na súa exposición, o director xeral de Grupo Cuevas fizo fincapé en que "o máis importante é que, aquelo que fagamos, o fagamos con convicción".
Durante esta xornada, os emprendedores falaron da súa experiencia neste primeiro coworking e tamén expuxeron, debatiron e defenderon os seus proxectos.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS ACORDA COA XUNTA COMPARTIR UN PLAN ESPECÍFICO DE APOIO Á NATALIDADE

6 Marzo, 2017

O director xeral, Artur Yuste, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron o luns nas nosas oficinas en Ourense o convenio de adhesión do Grupo Cuevas ao programa “Tarxeta benvida”, que ofrece ás familias unha axuda de 1.200€ anuais e descontos e beneficios para os nenos durante o seu primeiro ano de vida. A rede de supermercados Aquié, Plenue e Aquí, ofrecerán un 3% de descontó a todos os titulares desta tarxeta facilitada pola Xunta, e ofrecerá a posibilidade aos novos país e nais de obter a auga gratis para o seu filla durante ese primeiro ano.
A iniciativa enmárcase nas accións anunciadas polo Grupo Cuevas para conmemorar o seu 150 aniversario, tendentes a priorizar a atención ás persoas e premiar a fidelidade das familias.
Despois da firma e de facer un percorrido polas instalacións da empresa, o conselleiro, acompañado por Artur Yuste, efectuou unha visita ao supermercado Aquié, na rúa Doctor Fleming de Ourense, para coñecer a tenda que fora distinguida no seu momento como unha das seis propostas máis innovadoras do mundo, e ver a exposición alí instalada titulada “A tenda de toda a vida”, que amosará obxectos históricos destes establecementos e que poderá ser visitada deica o 31 de marzo.
Ver imaxe

PRESENTAMOS O I CONCURSO IGNACIO DE LAS CUEVAS DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA

23 Febreiro, 2017

Para conmemorar os seus 150 anos, Grupo Cuevas abre un proceso creativo en Galicia para plasmar a relatividade do tempo
Decenas de obras serán expostas nas rúas das principais poboacións da comunidade.Todos os creadores artísticos residentes en Galicia serán convocados polo Grupo Cuevas a participar nunha gran reflexión colectiva para proxectar a súa mirada sobre a relatividade do tempo. A proposta, baixo a denominación “I Concurso Ignacio de las Cuevas de creatividade artística”, estenderase durante os nove próximos meses e forma parte das iniciativas que se poñerán en marcha para conmemorar os 150 anos da compañía ourensá, que se desenvolve baixo o lema “Novos e centenarios”. Entre xuño e setembro desenvolverase unha exposición itinerante, que permitirá mostrar decenas de obras seleccionadas en salas e espazos urbanos abertos das principais localidades galegas.
Máis información

Máis información

Web aniversario

GRUPO CUEVAS PRESENTA O SEU PLAN DE IGUALDADE

9 Febreiro, 2017

Grupo Cuevas implanta un programa para que a perspectiva de xénero estea presente no 100% das áreas estratéxicas do grupo.
Contempla aplicar 70 novas medidas en oito grandes áreas de intervención de aquí a 2020 para conseguir a igualdade plena.
Prestará especial atención á discriminación indirecta e á protección das vítimas de violencia de xénero.
Máis información