Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CUEVAS & CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN DA ISM DE COLONIA

18 Xaneiro, 2018

Cuevas & Cía Marron Glacé asistirá a unha nova edición da ISM de Colonia, a maior feira especializada do mundo en doces e aperitivos, que terá lugar do 28 ao 31 de xaneiro. A ISM, que se celebra unha vez ao ano en Alemaña, convértese no máis grande escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos, así como a presentación de novos artigos para picar.
Dirixida a un público especialista e profesional, formado esencialmente por compradores por xunto, debátense as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM, que nesta edición se presenta baixo o lema “O futuro e o corazón dos doces e snacks”, considérase a plataforma internacional de negocios e de comunicación máis importante do sector. É un punto de encontro para que pequenos e grandes provedores establezan relacións comerciais con empresas multinacionais e investidores de todo o mundo.
A oferta da feira complétase coa celebración de diferentes eventos e foros, como o “New Product Showcase”, para novos produtos; ou o “Innova Market Insights”, de tendencias; ademais de entregar os “ISM Awards”, cos que se valoran os méritos extraordinarios da industria do sector.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 40.000 visitantes e 1.500 expositores.
Web ISM

O PROGRAMA “GALICIA VIVA” EN CUEVAS & CÍA

5 Xaneiro, 2018

O programa da Televisión de Galicia, "Galicia Viva", visitou as instalacións de Cuevas & Cía para coñecer de preto o delicado e paciente proceso de elaboración do Marron Glacé.
Susana Jardón, responsable de Calidade da compañía, foi a encargada de guiar ao equipo deste espazo diario e en directo que emite a televisión autonómica no seu percorrido polas 240 horas que precisa unha castaña para converterse na auténtica alma do bosque.
A primeira conexión pode visualizarse no minuto 26:40 e a segunda no 55:30.
Ver programa

GRUPO CUEVAS DESÉXAVOS FELIZ ANO NOVO

1 Xaneiro, 2018

Desde 1867 celebramos a noiteboa e o fin de ano
150 veces.
Esperamos aos Reis Meigos e á Lotaría
150 veces.
E ao ano novo e ao nadal
150 veces.
Dos que nacemos entón xa non queda ninguén. Pasaron
150 anos.
Pero seguimos confeitando a vida, e celebrámolo coa mesma ilusión do principio e o afán de sempre.
150 anos despois.
FELIZ 2018
Ver felicitación

CONTINUAMOS ENTREGANDO OS PREMIOS DAS NOSAS PROMOCIÓNS EN SÚPER E CASH

29 Decembro, 2017

O pasado 13 de decembro tivo lugar, ante notario, o segundo e último sorteo das accións promocionais que o Grupo Cuevas desenvolveu en toda a súa rede de supermercados e cash co gallo da celebración do seu 150 aniversario. Neste sorteo coñeceuse tamén o nome do afortunado do Ford Ka+ modelo ultimate.
Para consultar a lista de gañadores, descarga o arquivo adxunto.
Ver listaxe completo

GRUPO CUEVAS DESÉXAVOS BO NADAL

18 Decembro, 2017

O tempo é relativo.
Repetímolo moitas veces ao longo deste ano tan especial para nós.
Agora é tempo de soñar, de sorrir , de compartir.
É tempo de amizade, de ilusión.
É Nadal.
É tempo de ser feliz.