Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

COMPRAR NAS TENDAS DE GRUPO CUEVAS TEN COMO PREMIO UN COCHE

7 Febreiro, 2018

No concesionario Tomóvil que o Grupo Cuevas ten en Ourense entregouse esta mañá o gran premio das promocións que se desenvolveron para conmemorar o 150 aniversario da compañía: un coche modelo Ford Ka+. Os gañadores dos 150 carros de alimentación sorteados xa recibiron tamén os seus premios, consistentes en compras gratuítas, ata un valor máximo de 150 euros, tanto no ámbito de supermercado como de cash & carry e en toda a comunidade galega. Na relación de premiados, destacan os clientes das tendas ourensás do grupo (36%), seguidos dos compradores en tendas de Pontevedra (33%) e en centros de Lugo e A Coruña (31%).
O gañador do coche é Miguel Álvarez Yurrita, propietario, xunto cun socio, dun establecemento de hostalaría en Vigo, e cliente do Cuevas Cash da mesma cidade desde hai varios anos.
Para Artur Yuste, director xeral da compañía, esta campaña “foi o mellor modo de premiar a fidelidade das familias que confían en nós”. Tamén destaca que “a emoción e a innovación” que se significaron como os eixos da longa traxectoria do Grupo Cuevas configuraron tamén todos os actos do 150 Aniversario, e, de forma particular, a campaña que premiou a fidelización dos clientes nas catro provincias galegas: “Os Novos e Centenarios de Cuevas quixemos mostrar as nosas sensibilidades sociais, as nosas conviccións empresariais e o noso compromiso e aposta polo lugar no que vivimos”.
Coa entrega destes premios, o Grupo Cuevas pecha os actos conmemorativos e promocionais do 150 aniversario, que ocuparon gran parte do ano 2016, todo o ano 2017 e o principio deste 2018.
Ver imaxe

A CADEA COPE ENTREVISTA A ARTUR YUSTE EN XANTAR 2018

2 Febreiro, 2018

No marco da 19ª edición do Salón de Turismo Gastronómico Internacional "Xantar" a cadea Cope emitiu, o pasado día 31 de xaneiro, o seu programa “La Mañana de Cope” desde Expourense. Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, foi entrevistado por Juan Maceiras, xefe de informativos da emisora e condutor do programa durante a celebración do acto de inauguración do salón.
A entrevista ao completo está dispoñible na seguinte ligazón:
Escoitar entrevista

GRUPO CUEVAS ENTREGARÁ 100 MIL LITROS DE AUGA A FAMILIAS CON BEBÉS ATE QUE FAGAN UN ANO

1 Febreiro, 2018

Centos de familias galegas con bebés accederon durante 2017 aos beneficios ofrecidos polo Grupo Cuevas nos seus supermercados, durante todo o primeiro ano de vida do neno. Cada un dos beneficiarios recibe durante este período auga gratis, descontos do 3% en todas as compras e promocións e atencións especiais. A iniciativa complementa as axudas promovidas pola Xunta a través da Tarxeta Benvida para fomentar a natalidade, que destina 1.200 euros anuais a cada familia con bebés, para a compra de produtos infantís nas tendas ou supermercados que colaboran co programa.
Ler nota de prensa
Ler nota de prensa

CUEVAS & CÍA MANTÉN ENCONTROS CON CLIENTES DE TODO O MUNDO NA ISM DE COLONIA

29 Xaneiro, 2018

Cuevas & Cía Marron Glacé móstranos a súa caseta na ISM de Colonia, situada no pavillón español (HALL 11.1) e xunto co ICEX ( J24) e na que está a manter encontros con clientes do Brasil, Xapón, Italia e Reino Unido, entre outros.
A ISM está a ser unha edición máis, o mellor e maior escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos.
Dirixida a un público especialista e profesional, formado esencialmente por compradores por xunto, onde se están a debater as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM, que nesta edición se presenta baixo o lema “O futuro e o corazón dos doces e snacks”, considérase a plataforma internacional de negocios e de comunicación máis importante do sector. É un punto de encontro para que pequenos e grandes provedores establezan relacións comerciais con empresas multinacionais e investidores de todo o mundo.
Caseta Cuevas & Cía
Stand Cuevas y Cía

VI CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS: APOSTANDO POLA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E AUTÓCTONA

26 Xaneiro, 2018

Por segundo ano consecutivo, o Grupo Cuevas abandera o VI Concurso Gourmet que se celebra no marco de actividades do 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar” e que xirará ao redor dalgunhas das máximas que construíron a identidade do Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e o seu firme compromiso co territorio e os produtos autóctonos.
Aula Gastronómica Grupo Cuevas
Un espazo no que experimentar, degustar e tamén no que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón o Grupo Cuevas xunto coa Consellaría do Medio Rural nesta edición de Xantar e na que terán lugar diferentes showcookings, degustacións, talleres e conferencias que proporán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora. Nesta aula desenvolveranse tamén os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado do VI Concurso Gourmet Grupo Cuevas.
Grupo Cuevas tamén colabora nesta edición co INORDE e o seu menú "Quilómetro 0" composto por produtos ourensáns de empresas ourensás.
Web Xantar