Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

PARABÉNS AOS GAÑADORES DOS 10 BONOS SPA DÍA DA NAI

7 Maio, 2018

Xa temos aos 10 gañadores do noso sorteo do DÍA DA NAI. Imos entregar os 10 fantásticos bonos spa que permitirán ao gañador ou gañadora gozar dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas e un tratamento termal a elixir nun dos hoteis balneario da rede Caldaria de Galicia. Es un deles? Parabéns!
Ver listaxe de gañadores

TOMÓVIL PARTICIPA NAS XORNADAS SOBRE VEHÍCULOS ECOLÓXICOS

30 Abril, 2018

Os días 27 e 28 de abril, a avenida de Pontevedra (confluencia coa praza Bispo Cesáreo) da cidade de Ourense acolleu unha xornada sobre o automóbil ecolóxico que contou tamén coa presenza e o apoio de Tomóvil Cuevas. A cita congregou a unha gran cantidade de público e xerou unha destacada expectación entre os taxistas da capital de As Burgas, principais destinatarios do evento, e cidadáns en xeral que mostraron interese e curiosidade por un tema que nos afecta a todos e que está de plena actualidade. As xornadas estaban organizadas pola revista YOTAXI, Teletaxi Ourense e o Concello da capital de As Burgas; e contou coa colaboración Repsol AutoGas e Nedgia, a compañía de distribución de gas natural do grupo Gas Natural Fenosa. O prato forte do evento foi a exposición de turismos como o Ford Mondeo Híbrido que achegou Tomóvil e os modelos de carácter ecolóxico doutras marcas como Renault, Dacia, Hyundai, Nissan, Skoda, Toyota, Opel e Seat. Todos eles baixo a máxima de contribuír a unha mobilidade sustentable e á eficiencia enerxética.
Ver imaxe

DÉIXATE QUERER, MAMÁ!

23 Abril, 2018

O día da nai está preto… e na nosa rede de supermercados querémolo celebrar ao grande. Porque ela o merece todo, sorteamos 10 bonos spa para dúas persoas que inclúe aloxamento, almorzo e un tratamento termal a elixir.
Participar no sorteo é moi simple. Desde o 23 de abril e ata o vindeiro xoves día 3 de maio recibirás unha participación por cada 10 euros de compra que realices. Cúbrea cos teus datos e deposítaa na urna dispoñible no teu súper habitual. O venres 4 de maio celebraremos o sorteo e saberemos que 10 afortunadas mamás poderán gozar dun momento relax nun dos balnearios da rede Caldaria de Galicia.
Sorte a todos!
Queres saber máis? Achégache a calquera dos nosos supermercados Aquié, Plenus ou Aquí e infórmate.
Consulta as bases legais

CUEVAS & CÍA ESTARÁ EN ALIMENTARIA

11 Abril, 2018

A próxima semana, Cuevas & Cía participará nunha nova edición do Salón Internacional de Alimentación, Bebidas & Food Service “Alimentaria” que se celebra en Barcelona entre o 16 e o 19 de abril. Cuevas & Cía achegará un pouco máis o Marron Glacé, a nosa Alma de Bosque, ao mercado internacional cunha localización exclusiva dentro do espazo habilitado pola Consellaría do Medio Rural na feira (Pavillón 2, caseta C342).
Alimentaria é un evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e food service. Unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector.
Este ano reestrutura a súa oferta en base a novos eixos e tendencias de consumo para incrementar as opcións de participación das empresas expositoras e multiplicar as oportunidades de negocio.
Esta feira internacional potencia os seus valores únicos e diferenciais: a internacionalización, innovación, gastronomía e especialización sectorial. A feira ofrecerá tamén unha atractiva oferta en base aos mercados chave da industria alimentaria e as súas tendencias de consumo.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 3.000 expositores procedentes de todo o mundo.

ARRINCA O 10º CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL NOS SUPERMERCADOS AQUIÉ

2 Abril, 2018

Xa está aquí o 10º Concurso de Debuxo Infantil dos supermercados Aquié. Este ano Floriposa busca cuadrilla! A nosa mascota máis divertida quere facer novos amigos que, coma ela, gocen xogando ao aire libre, comendo froitas e verduras, e bailando e rindo sen parar.
Queres que o teu peque participe? Xa podes recoller a lámina para facer o debuxo en calquera dos tres supermercados Aquié.
Esperamos as propostas dos vosos artistas ata o venres 30 de abril.
Moita sorte a todas/os!
Ver as bases do concurso