Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

ENTREGAMOS OS PREMIOS DO 10º CONCURSO DE DEBUXO AQUIÉ

22 Xuño, 2018

Floriposa, a mascota máis divertida dos supermercados Aquié do Grupo Cuevas xa ten novos amigos cos que se divertir. Os nenos e nenas que participaron no 10º Concurso de Debuxo infantil que a cadea de supermercados Aquié celebra cada ano, e que nesta edición levou por título “Floriposa busca cuadrilla”, deron paso á imaxinación e recursos para pintar e dar forma aos seus novos amigos. “Marifresa”, “Peralista” ou “Tuliposa” foron algúns dos nomes elixidos polos máis pequenos para dar vida aos novos personaxes. Esta semana entregamos os premios aos gañadores dos tres supermercados.
Aquié Hórreo:
Terceiro premio: Marta Izquierdo, 7 anos
Segundo premio: Noa Bouzas, 6 anos
Primeiro premio: Yuhan Liu, 6 anos
Aquié Porriño:
Terceiro premio: José Francisco Machado, 10 anos
Segundo premio: Mara Camacho, 7 anos
Primeiro premio: Candela González, 7 anos
Aquié Fleming:
Terceiro premio: Sebastián Rodríguez, 12 anos
Segundo premio: Daniela Angulo, 8 anos
Primeiro premio: Juan González, 8 anos
Premio Redes Sociales: Sabela López, 4 anos
Noraboa a todas/os!

AS TENDAS AQUIÉ ENSINAN EXERCICIOS E HÁBITOS SAUDABLES MENTRES SE FAI A COMPRA

7 Xuño, 2018

As tendas Aquié do Grupo Cuevas desenvolverán unha proposta integral de bos hábitos, que se poderán adquirir de forma natural e cómoda mentres se fai a compra. A nova iniciativa que se pon en marcha en Ourense, e é pioneira no sector dos supermercados, farase visible mediante alianzas estratéxicas e a través de exposicións estáticas e dinámicas, con posibilidades interactivas e unha vinculación permanente con Galicia e cos seus produtos, e coas súas potencialidades naturais, culturais e alimentarias.
Artur Yuste, director xeral do Grupo Cuevas, xustifica a innovadora iniciativa “porque queremos que as nosas tendas sexan tamén espazos de aprendizaxe para o noso benestar social e de coñecemento útil da nosa historia, onde se aproveite mellor o tempo de compra e onde se poidan adquirir hábitos saudables que melloren a calidade de vida”.
A primeira nova exposición, que se poderá compartir desde o 4 de xuño na tenda Aquié de Doutor Fleming, en Ourense, ofrece o programa “1 hora de exercicio”, cun sorprendente itinerario interior habilitado para practicar algúns dos xogos tradicionais de Galicia. Na zona de acceso á tenda recrearase un espazo activo, complementado con paneis explicativos dos xogos elixidos, e vinilos no chan reproducindo elementos do xogo, e pezas reais coas que se poidan aprender a facer exercicios prácticos como a mariola, os zancos, os trompos, as billardas ou as tabas, ou un circuíto de canicas.
Todas as iniciativas que se irán desenvolvendo no tempo, terán como fío condutor un espazo fixo de continuidade e compartido no exterior da tenda, onde, a través dun panel, se poderá seguir o calendario dos dez hábitos saudables sobre os que se ofrecerá información e actividades prácticas durante os próximos meses, e que serán anunciados secuencialmente no escaparate a través dun destacado despregamento gráfico.
Á exposición “1 hora de exercicio”, en colaboración co centro de cultura popular “Xaquín Lorenzo”, pertencente á Deputación provincial, e que se poderá gozar durante os próximos días, seguirán outras con distintas temáticas, como “2 litros de auga ao día”, “8 horas de sono”, “7 minutos de risa” ou “5 comidas diarias”.
Ver imaxe

O PROGRAMA “COUSAS DE COMER” EN AQUIÉ FLEMING

28 Maio, 2018

O programa “Cousas de comer” de Telemiño visitou novamente a nosa peixaría do supermercado AquiéFleming para coñecer da man da nosa compañeira Olga as bondades do peixe azul. A xarda é a protagonista desta tempada. Goza da sección "Onde Comprar" a partir do minuto 10:40.
Ver vídeo

SORTEAMOS 4 VIÑOTECAS EN CASH CUEVAS

25 Maio, 2018

Xuño vén cheo de sorpresas e dende o 28/05/18 ao 23/06/18, a nosa liña Cash Cuevas sortea 4 armarios viñotecas refrixeradores con capacidade para 18 botellas. Participar no sorteo é moi sinxelo. Desde o 28 de maio e ata o 23 de xuño recibirás unha participación por cada 60€ de compra que realices. Cúbrea cos teus datos e desposítaa na urna dispoñible no teu cash habitual.
O luns, 11 de xuño, realizaremos o primeiro sorteo do que sairán 2 gañadores. O segundo sorteo terá lugar o luns 25 de xuño e del sairán os outros 2 gañadores. Sorte a todos os participantes!
Ver bases legais