Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS TRIPLICARÁ NO POLÍGONO DE SAN CIBRAO AS SÚAS ACTUAIS INSTALACIÓNS DO VINTEÚN

17 Xullo, 2018

As obras do novo complexo empresarial concluirán a finais de 2019.
Artur Yuste: “Cuevas é hoxe, máis ca nunca, un longo camiño de ida”.
”Todo o mundo ten soños, e levantámonos cada día para facelos realidade. Grupo Cuevas tamén ten os seus soños, e hoxe reúnenos aquí un deles”. Con esta afirmación abriu o director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste, o simbólico acto de inicio das obras das futuras instalacións da compañía, no Polígono de San Cibrao. O proxecto contempla agrupar o Centro Loxístico e a sede central da empresa sobre unha superficie que case triplica as medidas actuais do Vinteún, e nalgunhas comparativas ata quintuplica os espazos dispoñibles, como é o caso da zona administrativa e de xestión.
Artur Yuste, que afirmou sentirse orgulloso do equipo humano, “dos meus compañeiros e da súa capacidade profesional” e do que “nos seguimos esixindo para a plena igualdade de homes e mulleres”, destacou o continuado crecemento rexistrado ano tras ano polo Grupo Cuevas e a obrigación inaprazable de construír novas instalacións para dar resposta aos novos retos e ás necesidades que xorden, “para consolidarnos como un dos grandes grupos empresariais dentro do difícil mercado da distribución alimentaria galega, e continuar pola senda do crecemento, achegando valor, emprego, traballo, calidade de vida ás persoas e riqueza a Ourense e a Galicia a través de todas as nosas empresas”.
No acto do inicio simbólico, sobre os terreos da Cidade do Transporte, déronse cita distintos representantes empresariais, profesionais e financeiros, que acompañaron a toda a cúpula directiva do Grupo Cuevas. Durante as intervencións, o alcalde de San Cibrao e o presidente da Asociación empresarial, Elías Mera, valoraron e agradeceron a decisión do Grupo Cuevas e a súa aposta polo Polígono.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, pola súa banda, referiuse ao Grupo Cuevas como un dos referentes industriais da provincia de Ourense, tanto polo seu nivel de xeración de emprego, como pola súa implicación no territorio, así como por levar produtos galegos a medio mundo, ademais, “cun produto tan da nosa terra como a castaña”.
Ver imaxe

Ver imaxe 2

Ler nota de prensa completa

NOVO SORTEO! XA SOMOS 2.000 EN FACEBOOK

16 Xullo, 2018

Parece que foi onte cando aterramos en Facebook, con moitas ganas de abrir unha canle pola que poder falar e compartir con todos vós todas as nosas ideas, promocións e vantaxes pensadas para facer a vida máis fácil ás persoas. Hoxe xa somos máis de 2.000! e por isto queremos dicirvos moi alto GRAZAS!! por estar cada día connosco.
Para celebralo ao grande imos sortear dous carriños da compra modelo NOVOS CENTENARIOS para que poidas enchelo con todas as cousas ricas que nunca faltan na túa cesta!
Presume de carriño e di adeus ás pesadas bolsas.
Queres participar?
Só tes que comentarnos no post de Facebook do sorteo cal é o produto que nunca falta na túa cesta co cancelo #namiñacestanuncafalta e etiquetar a 2 amigos que, coma ti, sexan afeccionados a facer a compra cada día.
O sorteo finaliza o próximo o 30 de xullo. Moita sorte!
Ver bases do sorteo

A ASOCIACIÓN DE MOZOS EMPRESARIOS DE OURENSE VISITA GRUPO CUEVAS

3 Xullo, 2018

Esta mañá tivo lugar na sede central do Grupo Cuevas un almorzo de traballo con algúns dos integrantes da Asociación de Mozos Empresarios de Ourense. Artur Yuste, director xeral do #GrupoCuevas, compartiu con eles a súa visión sobre a empresa do futuro e os valores que definen a esta empresa ourensá con 151 anos de historia.
Ver imaxe

AQUIÉ FLEMING RECIBE O PREMIO “COMERCIO CON TALENTO”

O supermercado Aquié da rúa Doutor Fleming de Ourense recibiu onte, de mans da Directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez, e da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o premio “Comercios con Talento” grazas ao traballo elaborado por Alba Brandín, que escolleu o noso supermercado como exemplo de innovación no comercio. Este recoñecemento foi recollido por María González, supervisora de supermercados do Grupo Cuevas, e tamén por Lourdes González, encargada do supermercado.
Ver nova

O GRUPO CUEVAS CONQUISTA OS 100 MILLÓNS EN VENDAS AO CRECER UN 5,3% EN 2017

28 Xuño, 2018

– Pechou o exercicio do seu 150 ANIVERSARIO cunha facturación agregada de 101,6 millóns e un beneficio bruto de explotación (ebitda) de 3,37 millóns, un 9,5% máis que en 2016.
– A media anual de emprego creceu un 6%, coa creación de 30 novos postos de traballo.
– Artur Yuste, director xeral da compañía, destaca “a solidez no crecemento, que nos permitiu dobrar en só tres anos o resultado bruto”.
– O grupo ourensán avanza na implantación de medidas internas para facer efectiva en 2020 a plena igualdade de mulleres e homes, en todos os ámbitos da empresa.
A superación da barreira dos 100 millóns de euros en facturación agregada, a creación dun 6% de novo emprego e a continuidade da senda de crecemento no resultado bruto de explotación e no cash flow, é dicir, nas magnitudes determinantes para o investimento e para os plans estratéxicos, definiron o histórico exercicio do 150 ANIVERSARIO do Grupo Cuevas.
O ano pasado, as vendas da compañía excederon a barreira dos 100 millóns de euros. O crecemento medio do 5,29% no conxunto das sociedades impulsou a cifra de negocio ata 101,56 millóns. O incremento acumulado nos dous últimos exercicios (entre 2015 e 2017) situouse no 8,1%. “Unha das principais características do Grupo Cuevas é a solvencia e o crecemento sostido e en equilibrio, debido á consistencia das vendas e a unha evolución que, exercicio tras exercicio, se move por riba das medias do sector da distribución aliment
Ler nota de prensa completa