Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE TAPÓNS

28 Setembro, 2018

Non tires o tapón!
En #Gústameiraosúper empezamos o outono colaborando cunha boa causa. Pomos en marcha unha campaña solidaria de recollida de tapóns de plástico en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia. Esta semana seguro que xa viches nos nosos supermercados #Aquié, #Plenus e #Aquí un lugar en que depositalos e así achegar o teu gran de area á iniciativa "Traxes de Superheroes". O obxectivo é recadar os tapóns suficientes para custear a compra do programa SPIDERSUIT, provisto de 5 traxes, poleas e o Sistema de Unidade de Exercicios Universal. O SpiderSuit permite o traballo de neurorehabilitación intensiva para nenos con trastornos neuromotores.
Axúdasnos a colaborar coa Fundación Amigos De Galicia? Trae os teus tapóns aos nosos súper e axúdanos a conseguilo.
Se tes algunha dúbida sobre os tapóns que son válidos, na web do proxecto atoparás toda a información que precises.
Web Amigos de Galicia

AUGA! A NOVA EXPOSICIÓN DOS SUPERMERCADOS AQUIÉ

7 Setembro, 2018

Con setembro chega unha nova exposición a Aquié, enmarcada na campaña "Saca un dez cada día!". Arrincabamos este 2018 cunha serie de consellos que tiñan como obxectivo ofrecerche sinxelos e prácticos consellos para facer a túa vida mellor. Queremos que sigas sacando un 10 cada día e que, ademais de facer unha hora de exercicio diario, te apuntes ao costume san de beber auga cada día. A exposición chamada AUGA! proponche os momentos ideais para beber auga e cales son as cantidades adecuadas. Ademais, na mostra realizamos unha selección de augas singulares traídas de todo o mundo. Auga de néboa, auga procedente dun iceberg, auga filtrada con ouro e mesmo auga negra! Por suposto, tamén hai unha parte dedicada a Galicia e aos nosos ricos mananciais de auga mineral. Queremos que o teu momento de facer a compra se convirta nunha experiencia agradable e por iso, tamén te convidaremos a xogar connosco nunha divertida actividade dentro do supermercado. Participa, que hai premio! Desde hoxe e ata o próximo 4 de outubro, a exposición chega a Aquié Porriño. En outubro poderemos gozala no supermercado Aquié de Santiago de Compostela e, finalmente, pecharemos o ciclo en Aquié Fleming, en Ourense.
E lembra que beber 2 litros de auga cada día é beneficioso para a túa saúde. SACA UN DEZ CADA DÍA!
Consulta as bases legais

ATENCIÓN! AMPLIAMOS PRAZO DO SORTEO EN REDES #MEMUERODEFRESCOR

31 Agosto, 2018

Se queres compartir connosco a froita que máis te refresca, podes facelo ata o próximo 19 de setembro!!
A nosa rede de supermercados #Gústameiraosúper vai celebrar ao grande o Día Mundial da Fotografía e para iso pon en marcha un novo sorteo. Arrinca o concurso fotográfico "Morro de frescor", que pedirá a todos os nosos seguidores en redes sociais que compartan unha fotografía coa froita que máis os refresque no verán. Logo, só é necesario engadir o hashtag #memuerodefrescor e compartir cos seus amigos a ligazón ao sorteo.
Unha cámara Lombo Instant Murano Edition para capturar os mellores momentos do verán será o premio para o gañador do sorteo!
Arrincamos este domingo, día 19 de agosto, nas nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).

FAITE XA CO INGREDIENTE SEGREDO DOS PROFESIONAIS DA COCIÑA

14 Agosto, 2018

Sabes cal é o #ElIngredienteSecreto dos profesionais da cociña? Pois sen dúbida unha variedade de utensilios de gran calidade que lles axuda a ser máis eficaces.
Agora e ata o 30 de setembro #MeGustairalSúper vaicho a poñer máis fácil para conseguilos. Poñemos á túa disposición unha gran cantidade de produtos de cociña cun 60% de desconto sobre o seu prezo habitual.
Aproveita agora para equiparte cunha prensa de allos, un curta patacas, unha mandolina regulable, un picador, un cortador en espiral, entre outros, e empeza a aforrar tempo na cociña.
Para conseguir o desconto, simplemente terás que acumular 5 puntos na cartilla que desde xa mesmo podes pedir na caixa do teu súper habitual. Por cada 5€ de compra recibirás 1 punto. E o primeiro é gratis!
Ampliar información