Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

ENTREVISTA A ARTUR YUSTE EN DIARIO DE PONTEVEDRA E EL PROGRESO

17 Xuño, 2019

Esta fin de semana as cabeceiras Diario de Pontevedra e El Progreso publicaron unha entrevista que a Axencia Galega de Noticias fixo a Artur Yuste con motivo do lanzamento do plan de dinamización do rural con Spar Express. No artigo o director xeral de Grupo Cuevas fala tamén da traxectoria desta empresa ourensá con 152 anos de idade que mostra unha saúde tan robusta como a do primeiro día. Se queres ler o artigo enteiro podes facelo na seguinte ligazón:
Ler entrevista completa en Diario de Pontevedra

O PROGRAMA ” COUSAS DE COMER ” ENTREVISTA A ARTUR YUSTE

13 Xuño, 2019

O programa " Cousas de comer" que emite a televisión local de Ourense, Telemiño, no seu espazo desta semana achegouse ao Grupo Cuevas para entrevistar a Artur Yuste. Durante a conversación con Francisco Gil, presentador de Cousas de comer, falouse con detemento sobre o plan de dinamización do rural que o grupo está a desenvolver da man da marca Spar Express.
Se queres ver a entrevista completa, podes facelo a partir do minuto 15’35”.

ABRIMOS O 11º CONCURSO DE DEBUXO PARA OS NENOS DE AQUIÉ

24 Abril, 2019

Xa está aquí o 11º Concurso de Debuxo Infantil dos supermercados Aquié. Este ano Floriposa quere xogar cos seus novos amigos. A nosa mascota máis divertida gozará cos seus novos amigos xogando á mariola, á peonza ou ao pilla pilla… ti decides!
Queres que o teu peque participe? Xa podes recoller a lámina para facer o debuxo en calquera dos tres supermercados Aquié de Galicia.
Esperamos as propostas dos vosos artistas ata o sábado 25 de maio.
Moita sorte a todas/os!
Ver bases legais

Ver direccións de Aquié

CHEGA A HORA DE TOMAR 4 FROITOS AO DÍA: NOVA EXPOSICIÓN EN AQUIÉ

10 Abril, 2019

Xa che propuxemos 3 hábitos que mellorarán a túa vida. E non paramos. Poñemos en marcha o cuarto punto da nosa campaña saudable. Desde hoxe, no noso supermercado Aquié Fleming, poderás descubrir os segredos das froitas exóticas que viaxan do Trópico a Galicia. Ven a vernos e pescuda un pouco máis sobre a súa procedencia, sorpréndeche coas súas propiedades e descobre as súas características e particularidades.
Aquí deixámosche un pequeno adianto.
Ver imaxe

SORTEAMOS 10 LOTES DE PRODUTOS SPAR NAS NOSAS REDES SOCIAIS GÚSTAME IR AO SÚPER

8 Abril, 2019

Queres conseguir un lote de 10 produtos SPAR? Verás que fácil!
Desde as redes sociais de #GústameiraoSúper, e por cortesía de Spar, propoñémosche un sorteo moi faciliño, no que poderás participar desde hoxe e durante as próximas semanas.
Só tes que buscar o post do sorteo que se celebrará semanalmente nas nosas redes sociais e responder as preguntas que che vaiamos propoñendo e que están relacionadas cos alérxenos e os nosos produtos Spar.
Lembra que sempre podes contar co comodín da App SPAR Saber Elegir, onde atoparás facilmente todas as respostas ás nosas preguntas. E se aínda non a tes, descárgaa xa!
descargar APP SPAR-SABER ELIXIR

Bases legais sorteo