Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AQUÍ CABRAL É, DESDE HOXE, UN NOVO PLENUS

19 Setembro, 2019

Máis metros, máis referencias e novas seccións. O supermercado Aquí de Cabral reabre hoxe as súas portas como Plenus e faio duplicando a súa superficie e estreando novo horario. Plenus Cabral contará con todas as seccións de frescos: Carnicería, Frutería e, como novidade, Peixaría. Ademais de incorporar novas referencias da variedade da nosa marca propia, SPAR, comercializará tamén Tenreira Galega certificada e pan e peixe do día.
En horario continuo de 9.15 a 21.30 horas, de luns a sábado, o supermercado ten á súa disposición un aparcamento público gratuíto próximo que facilitará a compra aos clientes.
Coa apertura desta tenda, a cadea de supermercados Plenus suma 11 centros en toda Galicia e consolida así a súa presenza en Pontevedra, concretamente, no barrio vigués de Cabral (Avenida Ramón Nieto, 487).
Ver fotos

SORTEAMOS 200 XOGOS DE FLORIPOSA E OS SEUS AMIGOS

30 Agosto, 2019

Sabemos que o mellor de volver ao cole é atoparche de novo cos teus amigos e xogar sen parar, tamén no patio!
Queremos que as nenas e nenos de Gústame ir ao Súper gocen da volta ao cole deste ano divertíndose cos seus amigos alí onde queiran. Por iso, estamos a desexar que nos contedes cal é o seu xogo favorito cando van ao cole.
Participa enchendo a papeleta que che entregaremos nos nosos supermercados coas túas compras superiores a 20 euros. Entre todos os participantes sortearemos 200 xogos de Floriposa e os seus amigos.
Esta promoción é válida só para clientes con tarxeta “Gústame ir ao Súper” e estará vixente do 4 ao 23 de setembro.
Consulta as bases legais

COPE OURENSE ENTREVISTA A ARTUR YUSTE

24 Xullo, 2019

Cope Ourense emitiu hoxe a entrevista realizada a Artur Yuste, sobre os plans de expansión da compañía nos próximos anos. Durante a entrevista, o director xeral de Grupo Cuevas destacou que o grupo "quere crecer" e "aproveitar oportunidades" en Galicia e Castela e León. Se queres escoitar toda a entrevista, podes facelo a través da seguinte ligazón:
Ver noticia en Cope

ARTUR YUSTE EN “ONDA CERO OURENSE”

15 Xullo, 2019

Jesús Álvarez entrevistou hoxe a Artur Yuste en Onda Cero Ourense. Durante a conversación, o director xeral de Grupo Cuevas falou dos resultados de facturación da compañía durante 2018 e tamén se detivo a analizar a necesidade de xerar emprego e de dinamizar o rural como clave de futuro para combater a Galicia baleirada.
Para escoitar a entrevista completa, clica na ligazón:
Escoitar entrevista completa

O PROGRAMA “LATEXOS DA CIDADE” ESTIVO EN AQUIÉ FLEMING

9 Xullo, 2019

Se non tiveches ocasión de ver o programa Latexos da Cidade na Televisión de Galicia a semana pasada, podes ver agora como o noso equipo de Aquié Fleming en Ourense se prepara cada día para comezar a xornada. A partir do minuto dous, Mari e Ana cóntannos todos os detalles do seu traballo diario.
Ver programa