Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

PLENUS CAÑIZA REABRE AS SÚAS PORTAS

2 Decembro, 2020

O xoves día 3 de decembro, reabre as súas portas como Plenus o supermercado Aquí que Grupo Cuevas ten, desde o ano 2003, na Cañiza. A reforma deste local de máis de 600 metros cadrados, ao que destinou case dous meses de traballo, dá un maior protagonismo ao espazo de frescos, poñendo o acento nas seccións con venda asistida nas que o Grupo Cuevas destaca, como son a peixaría, a frutería, a carnicería e, como novidade, unha desenvolvida sección de panadería con especial atención a referencias de produto do día e de proximidade.
Situado no mesmo lugar que ocupaba, no número 4 da Rúa Silleda da Cañiza, o supermercado amplía a súa variedade e alcanza as 4.000 referencias ademais de contar cunha implantación que presta especial atención á marca branca propia SPAR, o referente europeo de alimentación que Grupo Cuevas comercializa en exclusiva en toda Galicia.
A tenda, que será atendida por un equipo de 16 persoas, dará servizo en horario ininterrompido, de luns a sábado, desde as 9.15 horas ata as 21.30 horas.
Plenus A Cañiza contará tamén con máis metros de lineal destinado ao produto refrixerado e un novo mural de frío que permitirá un crecemento substancial do número de referencias a ofertar ao cliente. Como toda a rede Plenus, e na procura da sustentabilidade e a eficiencia, o transformado supermercado da Cañiza incorpora etiquetas electrónicas nos seus lineais. Este equipamento aumenta a facilidade de compra e a comodidade do cliente, e achega maior axilidade ao servizo.
Do mesmo xeito que o resto de tendas da rede Gústame Ir ao Súper (Aquié e Aquí), está adaptado a todos os protocolos e medidas de prevención para evitar o contaxio e propagación da Covid-19 e contará con carros cesta con asas antibacterianas que se incorporaron coa finalidade de facer da tenda un espazo máis seguro para a compra.
Con esta remodelación, xa son 13 supermercados os que operan baixo esta insignia en toda a comunidade, e 19 en total en toda a rede de centros propios.

GRUPO CUEVAS ABRE EN OURENSE O MAIOR DOS SEUS 64 SUPERMERCADOS

12 Novembro, 2020

A cadea Plenus, pertencente a Grupo Cuevas, conta desde hoxe co seu novo buque insignia, un supermercado de 1.091 metros cadrados situado na Avenida de Zamora, no barrio ourensán de Mariñamansa.
Pasa a converterse no de maior dimensión de toda a súa rede de 19 centros propios (12 Plenus, 4 Aquí e 3 Aquié) e 45 franquiados ( Spar Express) despregada pola compañía ourensá nas comunidades de Galicia e Castela e León.
Esta apertura eleva a 19 o número de centros propios e a 64 o de establecementos abertos por Grupo Cuevas dentro do canle minorista (propios e franquiados) e permite aumentar nun 9,4% a superficie total de supermercados propios, que pasa a situarse en 12.673 metros cadrados, e o de todo a súa canle minorista de distribución alimentaria, agora con case 21.000 metros cadrados de sala de venda. Sumados os Cuevas Cash, Grupo Cuevas achégase aos 80 centros abertos (79) e ao 40 mil metros cadrados de superficie total de venda (39.485).
Ver imaxe

Ler nota de prensa

CHEGA O CATÁLOGO ESPECIAL ” SELECIÓN DE NADAL” DE GRUPO CUEVAS

23 Outubro, 2020

Acende unha faísca polo seu recordo. Unha faísca ou unha estrela. Unha estrela ou un poema. Un poema ou unha canción.
Pero tamén, acende unha faísca polo futuro, ese que desexamos todos, unha
faísca que brille de novo nas miradas, que arrinque o motor dos soños.
Unha faísca que ilumine o sorriso dos nenos.
Todo comeza cunha faísca, unha faísca de valor, unha faísca de alegría, unha
faísca de imaxinación, unha faísca de ousadía, unha faísca de ilusión.
É o momento de acender esa faísca. É Nadal.
Ver imaxe

Descargar catálogo

ABRIMOS O NOSO PRIMEIRO SÚPER ONLINE

15 Outubro, 2020

Queremos compartir contigo unha gran noticia! Abrimos oficialmente o noso primeiro supermercado online. O mellor dos supermercados Aquié, Plenus e Aquí pódelo atopar agora no sitio web: online.megustairalsuper. com. A partir de hoxe xa podes facer a compra dunha forma sinxela e fácil desde calquera lugar. Só necesitas un dispositivo electrónico con conexión a internet. Un computador, unha tablet ou… o teu propio móbil! e elixir os produtos que necesites. Proba a experiencia e, para facerche a vida máis doada, os GASTOS DE REPARTIMENTO SON GRATIS por compras superiores a 40 euros ata o 31/10/2020. Nós encargámonos de levarcha a casa á hora que mellor che vaia. E se prefires vir recollela ao súper, tamén che proporcionamos o servizo “ click and collect”. Consulta tendas e condicións. Ver instruccións Ver imaxe

OS BICHOJITOS MÁIS DIVERTIDOS CHEGAN AOS NOSOS SUPERMERCADOS

29 Setembro, 2020

Os bichojitos luminosos viñeron para quedar nos nosos supermercados. Abellas, bolboretas, arañas, xoaniñas, caracois… ti elixes o que máis che guste! Son grandes amigos da nosa mascota Floriposa e farán as delicias dos máis pequenos da casa. Peluches moi suaves e con ollos luminosos, reloxos coa túa mascota favorita, ou quentiñas zapatillas da casa e pixamas para protexerse do frío. Unha completa colección que xa podes conseguir nos nosos supermercados reunindo puntos coas túas compras. Lévaos agora cun prezo especial. Descontámosche o 50% do seu prezo orixinal! Infórmate no teu supermercado habitual ou descarga aquí a túa cartilla de puntos.
Vai por eles que voan!
Promoción válida ata o 15 de xaneiro de 2021 ou fin de existencias (10.079 unidades).
Descobre aos Bichojitos

Cartilla de puntos