Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

O SABOR DO ENTROIDO NA TÚA CASA

3 Febreiro, 2021

Aínda que este ano non vaiamos poder saír á rúa en comparsa para gozar do noso tradicional Entroido, non queremos deixar de saborear a parte que si podemos celebrar, na casa. A gastronomía típica destas datas está xa dispoñible na nosa rede de supermercados Gústame ir ao Súper. Todo o que necesitas para un delicioso cocido de Entroido e, por suposto, unha sobremesa á altura, cos ingredientes para a elaboración dunhas ricas filloas e, se o prefires, unhas doces orellas de entroido. E para poñer a guinda á comida, sorteamos ademais 15 filloeiras eléctricas para que a túa sobremesa triunfe. Ti decides se as queres soas ou recheas dalgún doce como o mel, a nata ou mesmo o chocolate!! Participa nesta promoción nos nosos supermercados Plenus e Aquí. Con compras superiores a 10 euros entregarémosche unha papeleta para entrar no sorteo. Podes participar todas as veces que queiras. Máis información sobre a promoción nas bases legais. Ver imaxe Ver bases legais

PLNEUS AVDA. ZAMORA NO TELEXORNAL DE TVG

28 Xaneiro, 2021

As novas medidas restritivas están ocasionando cambios nas tendencias no consumo alimentario. Cada vez son máis os clientes que, por motivos de seguridade, deciden realizar os pedidos desde a casa. Desde Plenus Avda Zamora, a nosa compañeira, María Paradela compartiu co equipo do Telexornal, da Televisión de Galicia, cales están a ser os produtos máis demandados e como estamos a reforzar o noso equipo para dar un mellor servizo tras o incremento dos pedidos a domicilio.
A partir do minuto 41:17
Ver programa

O PROGRAMA “FUN POLO AIRE” CONECTA EN DIRECTO DESDE A PLATAFORMA LOXÍSTICA DE GRUPO CUEVAS

A cobertura actual, de 115 rutas semanais, está a permitir o correcto abastacemento de pequenos núcleos poboacionais que non se poden desprazar ás cabeceiras comarcais.
En Grupo Cuevas, ademais das insignias propias: Aquié, Plenus, Aquí, Cuevas Cash e as franquías #SparExpress, tamén abastecemos de mercadoría a pequenas tendas rurais, o que en conxunto permite dar servizo de xeito único a preto dun 15% da poboación galega censada en concellos con menos de 2.000 habitantes.
Se non tiveches a ocasión de velo en directo, podes facelo premendo no seguinte enlace (min. 38:10):
Ver programa

GRUPO CUEVAS INCREMENTOU A SÚA FACTURACIÓN E O EMPREGO POR ENCIMA DO 130% EN APENAS DOCE ANOS

19 Xaneiro, 2021

O director xeral de Grupo Cuevas, Artur Yuste, agradeceu “a quen nos precedeu” e ao actual equipo, do que sente “orgulloso”, a súa contribución a que a compañía poida cumprir 154 anos e alcance resultados que están por encima do dobre dos que rexistrou en 2008. Durante a súa intervención diante dos asistentes á inauguración da nova plataforma, en San Cibrao, avanzou as estimacións dos principais indicadores económicos do grupo en 2020, e destacou a importancia do sector agroalimentario para o futuro de Ourense e Galicia.
Ver imaxe

Ler nota de prensa

Ver galería de imaxes