Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Sopa Xuliana

15 Xullo, 2015

Sopa Xuliana

Sopa Xuliana

Información nutricional:

Kcal: 254,8
Proteínas: 32,2%
Hidratos de carbono: 11,5%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 1 (36 g) cenoria
  • 24 g cebola
  • 24 g porro
  • 24 g acelgas
  • 18 g chícharos
  • 90 mL caldo ave
  • 30 mL auga
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Refogar a cebola, o porro e a cenoria (todo cortado en tiras) no aceite durante 5 minutos. Engadir o pemento doce e a continuación o caldo de ave. Deixar levantar fervor e engadir a acelga (en tiras) e finalmente os chícharos. Probar de sal.

Vantaxes:
Ó combinar diferentes verduras, como cenoria, acelgas, chícharos e porros, abastecemos ó organismo de substancias antioxidantes, vitaminas do grupo B, A, C e E, minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio, e fibra.

Xelatina de piña

Xelatina de piña

Xelatina de piña

Información nutricional:

Kcal: 160,4
Proteínas: 1,7%
Hidratos de carbono: 98,3%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 mL zume piña
  • 8 g xelatina neutra
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría. Quentar sen fervor un pouco do zume nun cazo, engadir o azucre e a xelatina. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar, quentar o recipiente por fóra en auga quente e darlle a volta sobre o prato.

Vantaxes:
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, texidos cartilaxenosos, osos e texidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación e nenos e tamén en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia grasa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.

Lacón con grelos

Lacón con grelos

Lacón con grelos

Información nutricional:

Kcal: 715,1
Proteínas: 20,0%
Hidratos de carbono: 17,3%
Lípidos: 62,7%

Ingredientes

  • 130 g grelos
  • 125 g lacón
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g chourizo caseiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o lacón previamente desalgado en auga abundante. Nesa mesma auga, unha vez retirado o lacón, cocer as patacas, grelos e chourizo. Servir todo xunto.

Vantaxes:
O lacón constitúe unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico. A súa composición nutricional é similar á da paleta, e como tal presenta máis graxa (ó redor do 20%) e menos proteína que o xamón curado. A carne de porco, en xeral, é unha fonte importante de vitaminas do grupo B, excepto de ácido fólico. Ademais, é a carne que menor cantidade de bases púricas contén, substancias que ó metabolizarse dan lugar ó ácido úrico, elemento restrinxido en persoas que padecen gota. Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos) ás que se atribúen propiedades anticanceríxenas.

Crema de chícharos

Crema de chícharos

Crema de chícharos

Información nutricional:

Kcal: 260,4
Proteínas: 15,6%
Hidratos de carbono: 48,4%
Lípidos: 36,0%

Ingredientes

  • 75 g chícharos
  • 1 pequena (75g) pataca
  • 50 g porro
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 1/2 vaso (100 mL) auga
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar en aceite o porro, engadir a pataca en láminas e mollar coa auga e leite. Cando comece a ferver engadir os chícharos e deixar cocer. Pasar por turmix e chinés. Dar o toque de sal.

Vantaxes:
O principal compoñente dos chícharos é a auga, destacando tamén o seu contido en hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra, que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.

Robaliza ó forno

Robaliza ó forno

Robaliza ó forno

Información nutricional:

Kcal: 357,5
Proteínas: 36,0%
Hidratos de carbono: 31,0%
Lípidos: 33,1%

Ingredientes

  • 150 g robaliza
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 50 mL viño branco
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e filetear en dous lombos. Nunha placa de forno poñer a pataca pelada e cortada fina. Encima os pementos e cebola picados. Introducir no forno a 180º C durante 10min. Sacar do forno e colocar os filetes salgados encima, poñer o viño branco e deixar no forno 10 minutos máis.

Vantaxes:
A robaliza é un peixe branco, cun aporte de lípidos moi baixo. Isto ligado ó subministro de proteínas de alto valor biolóxico, fai deste peixe un dos alimentos con maior valor nutritivo. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, capaces de regular o aproveitamento dos nutrientes enerxéticos. Aporta minerais como potasio, fósforo, ferro, sodio e magnesio, substancias que interveñen na regulación do sistema nervioso, a actividade muscular, o equilibrio de auga na célula, formación de ósos e dentes, procesos de obtención de enerxía e sistema dixestivo.