Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Pasta mariñeira

15 Xullo, 2015

Pasta mariñeira

Pasta mariñeira

Información nutricional:

Kcal: 314,4
Proteínas: 25,7%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 44,3%

Ingredientes

  • 70 g pasta farfalle
  • 50 g luras
  • 50 g mexillóns sen cuncha
  • 5 g queixo parmesano
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • 50 g salsa tomate
  • sal ao gusto
  • perexil picado
  • caiena

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer la pasta en agua hirviendo con sal durante el tiempo que nos indique el fabricante. Escurrir y refrescar. En aceite de oliva rehogar el ajo, guindilla .Añadir el calamar en dados y rehogar. Añadir la carne de mejillón limpia cortada en trozos y la salsa de tomate .Agregar la pasta y saltear el conjunto. Espolvorear de perejil y queso rallado.

Vantaxes:
Este prato combina o aporte en hidratos de carbono da pasta co aporte en proteínas de alto valor biolóxico e tamén cos minerais das luras e os mexillóns.

Inconvenientes:
As luras non son recomendables en persoas con colesterol alto e con hipertensión, porque presenta altas porcentaxes desta substancia.

Marmitako de atún

Marmitako de atún

Marmitako de atún

Información nutricional:

Kcal: 541,4
Proteínas: 31,7%
Hidratos de carbono: 16,1%
Lípidos: 52,3%

Ingredientes

  • 150 g atún fresco
  • 1/4 (40 g) pemento verde
  • 20 g pemento vermello
  • 1/2 grande (80 g) pataca
  • 1/4 (40 g) cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil picado
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Pasar nunha pota con aceite o allo, cebola e pementos en dados. Engadir o pemento doce e a pataca. Cubrir con auga e deixar cocer 15 minutos lentamente. Engadir o atún en dados e darlle o toque de sal. Cocer 5 minutos máis. Deixar repousar uns minutos e cubrir con perexil.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo. A estas vantaxes do atún hai que sumar as excelentes propiedades antioxidantes doutros ingredientes como o pemento verde e vermello e a cebola.

Plumas á portuguesa

Plumas á portuguesa

Plumas á portuguesa

Información nutricional:

Kcal: 250,7
Proteínas: 18,2%
Hidratos de carbono: 40,0%
Lípidos: 41,8%

Ingredientes

  • 60 g macarróns
  • 15 g pemento verde
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g cebola
  • 20 g xamón cocido
  • 20 g champiñóns enlatados
  • 75 g salsa tomate
  • 10 g queixo parmesano
  • 1 dente (5g) allo
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer os macarróns en auga con sal. Escorrer e reservar. Para preparar a salsa: refogar en aceite o allo, a cebola e os pementos, todo cortado en dados. Engadir a salsa de tomate, o xamón en dados e os champiñóns. Deixar cocer e servir sobre a pasta. Cubrir con queixo e perexil picado.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, o poder antioxidante debido a substancias presentes no tomate, pemento e cebola. Ademais, os champiñóns conteñen unha substancia chamada ergotioneína, un aminoácido con elevado poder antioxidante, e son unha excelente fonte de potasio.

Espaguetis boloñesa

Espaguetis boloñesa

Espaguetis boloñesa

Información nutricional:

Kcal: 443,3
Proteínas: 18,8%
Hidratos de carbono: 20,6%
Lípidos: 60,7%

Ingredientes

  • 60 g espaguetis
  • 50 g carne tenreira picada
  • 50 g carne porco picada
  • 1/2 (20 g) cenoria
  • 75 g salsa tomate
  • 25 mL viño tinto
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementa branca
  • perexil picado

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en abundante auga con sal. Á parte, ristrir o allo e a cenoria nunha tixola con aceite. Engadir a carne picada e saltear. Engadir o viño tinto, deixar reducir e engadir a salsa de tomate cocendo todo xunto. Servir a pasta quente coa salsa por riba.

Vantaxes:
Neste prato hai que ter en conta o aporte calórico da pasta, da carne de tenreira e de porco, e do tomate e os seus derivados, que presentan numerosos beneficios para o organismo, tales como propiedades antioxidantes debidas ó licopeno ou efecto diurético debido ó potasio.

Coliflor ao gratén

Coliflor ao gratén

Coliflor ao gratén

Información nutricional:

Kcal: 297,8
Proteínas: 17,7%
Hidratos de carbono: 39,4%
Lípidos: 42,9%

Ingredientes

  • 150 g coliflor
  • 1/2 grande (80 g) pataca
  • 8 g fariña
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 5 g queixo parmesano
  • 20 g xamón cocido
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • noz moscada
  • pementa branca

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e escoller follas de coliflor do mesmo tamaño. Cocer nunha cacerola as patacas e a coliflor. Escorrer e reservar. Noutra pota preparar a bechamel co aceite, a fariña e o leite quente. Unha vez preparada a bechamel, engadir o xamón en tiras. Cubrir con queixo as patacas e coliflor e gratinar uns minutos no forno a 180ºC.

Vantaxes:
Aporta moi pouco valor calórico, o cal é adecuado en dietas de adelgazamento. A coliflor é unha boa fonte de fibra e vitaminas, entre as que destacan os grupos B ou C. Estas particularidades convértena nun bo alimento para incluílo na dieta de mulleres embarazadas xa que favorece o crecemento e desenvolvemento do feto. Tamén aporta boas cantidades de minerais como potasio, magnesio ou fósforo. As súas propiedades diuréticas eliminan o exceso de líquidos polo que proporcionan beneficios para a hipertensión e redución do ácido úrico. As altas porcentaxes de elementos fitoquímicos (glucosinolatos, isotiocianatos, indoles e fibra) favorecen a prevención de enfermidades dexenerativas como o cancro.