Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Froita fresca (pera)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (pera)

Froita fresca (pera)

Información nutricional:

Kcal: 85,4
Proteínas: 2,6%
Hidratos de carbono: 91,5%
Lípidos: 5,9%

Ingredientes

  • 1 (150g) pera

Instruccións

Lavar e servir.

Vantaxes:
A pera é rica en azucre, polo que é unha excelente fonte de enerxía. É abundante en vitamina C, e contén pequenas cantidades de vitamina A e E. Contén importantes cantidades de pectina (fibra natural). Polo seu contido en ferro, recoméndase en casos de anemia e problemas cardiovasculares.

Bacallau á caseira

Bacallau á caseira

Bacallau á caseira

Información nutricional:

Kcal: 379,9
Proteínas: 44,6%
Hidratos de carbono: 29,6%
Lípidos: 25,8%

Ingredientes

  • 150 g bacallau
  • 100 g pataca
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento verde
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g tomate
  • 15 mL viño branco
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar as patacas en rebandas finas e dar un toque de fritura suave. Cortar os pementos e a cebola en tiras e refogar en aceite 10 minutos. Engadir o tomate natural e deixar outros 3 minutos. Dourar o bacallau nunha placa de forno e colocar sobre as patacas. Poñer a salsa de pementos por riba, o viño branco, e introducir no forno 10 minutos a 175ºC. Cubrir con perejil.

Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.

Refogado de acelgas con tomate e gambas

Refogado de acelgas con tomate e gambas

Refogado de acelgas con tomate e gambas

Información nutricional:

Kcal: 190,5
Proteínas: 17,0%
Hidratos de carbono: 23,5%
Lípidos: 59,5%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 20 g gambas
  • 30 g salsa tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer as acelgas en auga con sal. Escorrer e reservar. Quentar aceite nunha tixola e rustrir o allo. Engadir as gambas peladas e a continuación as acelgas cocidas. Poñer o tomate en salsa e dar un toque de sal.

Vantaxes:
As acelgas conteñen unha alta porcentaxe de auga, son baixas en macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos), polo tanto é un alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. É rica en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas. Presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto ós minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais, contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.

Froita fresca (uvas)

Froita fresca (uvas)

Froita fresca (uvas)

Información nutricional:

Kcal: 97,2
Proteínas: 4,9%
Hidratos de carbono: 84%
Lípidos: 11,1%

Ingredientes

  • 120 g uvas

Instruccións

Limpar as uvas e servir.

Vantaxes:
Un 80% das uvas é auga, e entre un 15 e un 25% son azucres (glucosa e fructosa). Contén vitaminas do grupo B, A e C, e minerais (potasio, calcio, magnesio, fosfato sódico, iodo e ferro). Unha das grandes vantaxes das uvas é a súa propiedade depurativa e laxante, debidas principalmente ó seu contido en pectina, remineralizantes e alcalinizantes. A súa pel contén taninos, ácidos libres, minerais, fermentos e celulosa, útiles para o funcionamento intestinal. Numerosos estudos demostran á existencia de substancias protectoras nas uvas, capaces de protexer o organismo fronte enfermidades cardiovasculares, cancro, e enfermidades relacionadas co envellecemento celular.

Inconvenientes:
O seu consumo non é adecuado en persoas que padezan diabetes, polo seu elevado aporte en azucres.

Arroz á criolla

Arroz á criolla

Arroz á criolla

Información nutricional:

Kcal: 437,6
Proteínas: 27%
Hidratos de carbono: 27,1%
Lípidos: 45,9%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 60 g peituga polo
  • 40 g salsa tomate
  • 70 mL caldo ave
  • 30 mL auga
  • 1/3 (50 g) pemento verde
  • 20 g cebola
  • 1 dente (4g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil picado
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Refogar a lume vivo o polo cortado en dados nunha cacerola baixa ou paelleira. Reservar. Refogar as verduras e rustrir o arroz na mesma cacerola. Engadir o tomate en salsa e o polo dourado. Mollar co caldo ou auga (dobre de caldo que de arroz), dar o punto de sal e deixar cocer 20 minutos.

Vantaxes:
Este prato combina os beneficios do arroz e da carne de polo. O arroz é rico en hidratos de carbono (fundamentalmente amidón), contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. Por outra parte, a carne de polo é boa fonte de proteínas, con aminoácidos esenciais de fácil dixestión. Caracterízase polo seu baixo contido en graxas, e a pouca que presenta prevén contra enfermidades cardiovasculares. Predominan vitaminas do grupo B. Tamén é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Inconvenientes:
No proceso de refinamento e pulido do arroz, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando convertido nun alimento sobre todo enerxético.