Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

15 Xullo, 2015

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

Zanquiños de polo ó allo con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 525,6
Proteínas: 40,1%
Hidratos de carbono: 3,6%
Lípidos: 56,3%

Ingredientes

  • 150 g zanco de polo
  • 50 g champiñóns
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15 mL) aceite oliva
  • 1/2 vaso (100 mL) caldo polo
  • sal ao gusto
  • perexil
  • caiena

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Fritir os zanquiños troceados e salpimentado. Nunha tixola aparte nun pouco de aceite refogar o allo laminado e caiena. Cubrir de fariña sen que se queime. Engadir o polo e o viño branco deixando reducir. Mollar con caldo de carne. Engadir os champiñóns. Deixar cocer un par de minutos.

Vantaxes:
A carne de polo contén aminoácidos esenciais de fácil asimilación, e polo tanto é unha boa fonte de vitaminas. O seu baixo contido en graxas fai que o aporte calórico non sexa elevado. Contén vitaminas do grupo B, como niacina, piridoxina, riboflavina, tiamina e ácido fólico. Ademais é rica en minerais como potasio, ferro e fósforo.

Plátano con salsa de chocolate

Plátano con salsa de chocolate

Plátano con salsa de chocolate

Información nutricional:

Kcal: 207
Proteínas: 8,6%
Hidratos de carbono: 73,3%
Lípidos: 18,2%

Ingredientes

  • 1 (150 g) plátano
  • 25 g chocolate negro
  • 50 mL leite desnatado

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Pelar o plátano e cortar en dous. Nun cazo ferver o leite e fora do lume engadir o chocolate cortado. Desfacer e botar por riba do plátano para servir.

Vantaxes:
O plátano é moi rico en potasio, que é enerxizante, polo que é moi recomendado o seu consumo en nenos, deportistas e persoas con moito traballo. Ten poucas calorías, pero é rico en hidratos de carbono. O chocolate é un alimento graxo. Atribúenselle efectos terapéuticos gracias á presencia de antioxidantes, como os polifenoles, taninos, flavoniodes e fitoesteroles. Estas substancias son bos cardio protectores, teñen alto poder anticoagulante, diminúen os niveis de LDL e regulan a presión arterial. O cacao ademais contén teobromina, substancia que exerce unha acción tónica sobre o organismo, estimula a circulación sanguínea e ten poder diurético.

Inconvenientes:
O plátano debe consumirse maduro, porque do contrario é moi indixesto

Peixe espada á prancha

Peixe espada á prancha

Peixe espada á prancha

Información nutricional:

Kcal: 298,5
Proteínas: 36,4%
Hidratos de carbono: 29,4%
Lípidos: 34,2%

Ingredientes

  • 150 g peixe espada
  • 1 (100g) pataca
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • perexil fresco

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar e cortar o peixe en lonchas non moi grosas. Facer á prancha sen pasar en exceso, xa que se pón duro. Cubrir de perexil. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O peixe espada é un peixe semigraxo. O seu contido en proteínas non é moi elevado pero son dun alto valor biolóxico, xa que inclúen todos os aminoácidos esenciais. Ademais contén diferentes vitaminas e minerais entre os que destacan as vitaminas do grupo B e A, e a preseza de fósforo e magnesio posto que este peixe é o máis rico nestes minerais.

Arroz con verduras

Arroz con verduras

Arroz con verduras

Información nutricional:

Kcal: 329,9
Proteínas: 18,9%
Hidratos de carbono: 10,6%
Lípidos: 70,5%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 50 g cabaciño
  • 1 (40 g) cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar a verdura en dados e refogar en aceite. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con auga quente en dobre volume có arroz. Poñer os chícharos crús. Dar o toque de sal. Meter ó forno 18 min. a 180ºC.

Vantaxes:
Con este prato beneficiámonos das propiedades do arroz, sendo un alimento positivo para a prevención e mellora de patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio e á súa excelente dixestibilidade ligada a unha acción astrinxente pola carencia de fibra; e das propiedades das verduras (cabaciño, cenoria e pementos), que aportan ó organismo substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.

Patacas á rioxana

Patacas á rioxana

Patacas á rioxana

Información nutricional:

Kcal: 317,6%
Proteínas: 10%
Hidratos de carbono: 44,3
Lípidos: 45,7%

Ingredientes

  • 1 (150g) pataca
  • 1/3 (50 g) pemento verde
  • 25 g cebola
  • 20 g pemento chouriceiro
  • 25 g chourizo
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Remollar os pementos chouriceirosen auga quente para acelerar o proceso de hidratación. Refogar en aceite o pemento verde, a cebola (en dados) e o allo. Engadir o pemento, a pataca cortada en dados. Engadir a polpa do pemento choricero e cubrir con auga suficiente para cocer todo. Poñer a punto de sal e deixar repousar.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora.

Inconvenientes:
A pesar do seu contido en vitamina C, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.