Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Crema de cenoria

15 Xullo, 2015

Crema de cenoria

Crema de cenoria

Información nutricional:

Kcal: 202,4
Proteinas: 12,1%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 44,1%

Ingredientes

  • 1/2 vaso (120 mL) auga
  • 1/2 vaso (120mL) leite desnatado
  • 1 (36 g) cenoria
  • 1/2 (60 g) pataca
  • 20 g porro
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Refogar en aceite, a lume baixo, o porro, a cenoria e a pataca cortados en dados, durante 4 min. A continuación engadir o leite e a auga e cocer lentamente durante 20-30 min. Pasar por túrmix e coador chino. Poñer a punto de sal.

Vantaxes:
A cenoria é un alimento excelente dende o punto de vista nutricional grazas ó seu contido en vitaminas e en sales minerais. Pero o gran atractivo das cenorias débese á presenza do beta-caroteno ou provitamina A, pigmento natural que o organismo transforma en vitamina A segundo o necesita. Isto, xunto coa seu aporte en vitamina E, fai desta hortaliza unha fonte natural de antioxidantes. Ademais a cenoria presenta propiedades beneficiosas para a visión, o bo estado da pel, dos dentes e das enxiras.

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Peituga de avestruz con gornición

Información nutricional:

Kcal: 299
Proteínas: 45,1%
Hidratos de carbono: 10,2%
Lípidos: 44,5%

Ingredientes

  • 150 g peituga avestruz
  • 1/4 (30 g) pemento vermello
  • 1/3 (50 g) tomate
  • 1/4 (30 g) cebola
  • 50 g cabaciño
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Facer a peituga á prancha. Para facer a guarnición saltear as verduras. Servir todo xunto.

Vantaxes:
A carne de avestruz caracterizase por ser unha carne de ave vermella, con proteínas de alto valor biolóxico, baixa en calorías e colesterol e con certo sabor doce debido ó alto contido de glucóxeno. Ademais, o seu baixo contido en sodio constitúe outra vantaxe para as persoas que teñen que seguir unha dieta baixa neste mineral.

Inconvenientes:
A ausencia de graxa causa unha perda de xugosidade durante a mastigación, posto que a graxa estimula a salivación. Así pois a carne de avestruz pode dar a impresión de ser moi seca se o tempo de cocción é demasiado longo.

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Feixóns verdes con taquiños de xamón

Información nutricional:

Kcal: 168,2
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 62,5%

Ingredientes

  • 130 g feixóns
  • 20 g xamón serrrano
  • 1/2 dente (3 g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar os feixóns. Cocer os feixóns en auga fervendo, cocer sempre destapados, para mellorar a cor verde. Nunha tixola quentar o aceite e engadir o xamón en taquiños. Servir os feixóns co xamón e o aceite por enriba.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente debido ó seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).

Xelatina de laranxa

Xelatina de laranxa

Xelatina de laranxa

Información nutricional:

Kcal: 114,6
Proteínas: 4,6%
Hidratos de carbono: 95,4%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 200 g zume laranxa
  • 8 g xelatina neutra
  • 10 g azucre

Instruccións

Tempo preparación: De 5 a 10 minutos

Remollar as follas de xelatina en auga fría. Quentar sen fervor un pouco do zume nun cazo, engadir o azucre e a xelatina. Mesturar co resto do zume e poñer nun molde. Para desmoldar, quentar o recipiente por fóra en auga quente e darlle a volta sobre o prato.

Vantaxes:
A xelatina é coláxeno hidrolizado, a proteína que forma os tendóns, texidos cartilaxenosos, osos e texidos conectores. Este alimento contribúe á mellora na hidratación e nenos e tamén en adultos. Presenta un baixo contido en azucres e colesterol, e non presenta materia grasa, polo que diminúe o risco de obesidade infantil.

Atún con tomate

Atún con tomate

Atún con tomate

Información nutricional:

Kcal: 456,6
Proteínas: 34,2%
Hidratos de carbono: 29,6
Lípidos: 36,2

Ingredientes

  • 120 g atún
  • 15 g cebola
  • 50 g chícharos
  • 1 (150 g) tomate
  • 1/3 (40 g) pemento vermello
  • 1 (100g) pataca
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer o atún á prancha e reservar. Para facer a salsa rustrir a cebola e o pemento vermello e o loureiro a lume lento. Engadir o pemento doce e o tomate en anacos, sen pel e sen sementes, deixando cocer 15 minutos. Triturar e poñer a punto de sal. Cocer as patacas ó vapor. Napar o atún coa salsa e meter no forno 10 minutos a 180ºC. Os chícharos cócense á parte e despois engándense ó forno.

Vantaxes:
A carne do atún posúe un 12% de graxa, rica en ácidos omega-3, que axudan a rebaixar os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue, diminuíndo o risco de doenzas como a aterosclerose, trombose, así como a prevención de enfermidades cardíacas. Ademais, destaca pola súa composición en vitaminas e minerais. Entre as primeiras destacan as do grupo B. Outros grupos importantes de vitaminas son as liposolubles, como a A e D. Os minerais que destacan na composición do atún son o fósforo e o magnesio, dando, ademais, altos niveis de ferro e iodo.