Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Froita fresca (amorodos)

15 Xullo, 2015

Froita fresca (amorodos)

Froita fresca (amorodos)

Información nutricional:

Kcal: 39
Proteínas: 14,3%
Hidratos de carbono: 85,7%
Lípidos: 0%

Ingredientes

  • 1 0g amorodos

Instruccións

Lavar be e servir. Se poden acompañar cun pouco de azucre.

Vantaxes:
Os amorodos son froitas que aportan poucas calorías e o seu compoñente máis abundante, despois do auga, son os hidratos de carbono (fructosa, glucosa e xilitol). Destaca polo seu aporte de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Ademais son moi boa fonte de vitamina C e ácido cítrico, ácido salicílico, ácido málico e oxálico, potasio e en menor proporción conteñen vitamina E.

Verduras guisadas á rioxana

Verduras guisadas á rioxana

Verduras guisadas á rioxana

Información nutricional:

Kcal: 243,3
Proteínas: 14%
Hidratos de carbono: 16,8%
Lípidos: 69,2%

Ingredientes

  • 30 g feixón verde
  • 30 g cenoria
  • 40 g cabaciño
  • 25 g salsa tomate
  • 25 g ovo cocido
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento choriceiro
  • 15 g chourizo
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar, lavar e cortar en dados (paisana) as cenorias e o cabaciño. Refogar en aceite o allo e cebola picados. Engadir a cenoria e o chourizo en rebandas. Engadir o cabaciño, a salsa de tomate e a pulpa do pemento previamente remollado. Cubrir con auga e deixar cocer uns minutos. Engadirlle os feixóns cocidos a parte cortados en dados. Acompañar de medio ovo duro.

Vantaxes:
A combinación de feixón verde, cabaciño, cenoria, cebola e allo aporta ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerales tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envejecimiento celular.

Pescada á sidra

Pescada á sidra

Pescada á sidra

Información nutricional:

Kcal: 396,1
Proteínas: 49,4%
Hidratos de carbono: 32,2%
Lípidos:18,4%

Ingredientes

  • 175 g rebanda pescada
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g berberecho (con cuncha)
  • 50 mL sidra
  • 30 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Menos de 5 minutos

Preparar unha salsa tipo velouté á sidra: refogar en aceite o allo e cebola picados, engadir un pouco de fariña e caldo de peixe, engadir a sidra fervida para que perda parte do alcol, poñer perexil picado e deixar cocer uns minutos. Colocar a rebanda nunha placa de forno, cóbrese con salsa e se fonea 10 min. a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas e berberechos.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante comparado coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias comparado coas contidas na maior parte dos peixes.

Pasta con champiñóns

Pasta con champiñóns

Pasta con champiñóns

Información nutricional:

Kcal: 236,1
Proteínas: 15%
Hidratos de carbono: 47,5%
Lípidos: 37,5%

Ingredientes

  • 80 g pasta (macarrón relado)
  • 50 g champiñón laminado
  • 30 g salsa tomate
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g queixo relado
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, no aceite quente rustrir o allo, a cebola en dados, o pemento vermello en dados e o champiñón laminado. Engadir a salsa de tomate e deixar cocer uns minutos. Mesturar coa pasta e deixar quentar todo. Servir quente cubrindo con queixo.

Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas. O champiñón é un dos fungos máis consumidos debido ás súas propiedades remineralizantes e organolépticas. Non presenta un gran contido en minerais, pero si presenta unha gran variedade dos mesmos. Contén, ademais, pequenas cantidades de vitamina A, C, D e B1. O contido calórico deste alimento é baixo, sendo moi adecuado en dietas depurativas ou para perder peso. O seu aporte de fibra non soluble favorece un efecto saciante. Aporta un contido en graxas moi baixo sendo estas moi saudables (acedo linoleico). E o seu contido en selenio confírelle un efecto antioxidante.

Solombo de porco con mazá

Solombo de porco con mazá

Solombo de porco con mazá

Información nutricional:

Kcal: 671,9
Proteínas: 26,9%
Hidratos de carbono: 17,5%
Lípidos: 55,6%

Ingredientes

  • 150 g solombo de porco
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 50 g mazá
  • 30 g cebola
  • 10 g uvas pasas
  • 10 g nata
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a salsa refogando o allo e a cebola en aceite. Engadir a mazá pelada sen corazón e cubrir co caldo. Cocer 10 minutos e pasar por túrmix e chinés. Engadirlle unhas pasas á salsa e un pouco de nata. Marcar a carne na prancha e cubir coa salsa. Acompañar de arroz branco ao horno.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.