Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Arroz terra-mar

15 Xullo, 2015

Arroz terra-mar

Arroz terra-mar

Información nutricional:

Kcal: 356,6
Proteínas: 41,4%
Hidratos de carbono: 34,7%
Lípidos: 23,9%

Ingredientes

  • 75 g arroz
  • 40 g berberecho
  • 1 vaso (200mL) caldo peixe
  • 30 g chícharos
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g cenoria
  • 1 dente (5g) allo
  • colorante alimentario
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cenornia e o pemento en dados. Engadir o arroz e rustrir. Agregar salsa de tomate e mollar con caldo coloreado moi quente en volume dobre que de arroz. Poñer os chícharos e os berberechos e meter no forno 18 min. a 180ºC.

Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida a carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.

Fideuá con verduras

Fideuá con verduras

Fideuá con verduras

Información nutricional:

Kcal: 399
Proteínas: 24,8%
Hidratos de carbono: 25,9%
Lípidos: 49,3%

Ingredientes

  • 70 g fideo groso perla
  • 175 mL caldo polo
  • 20 g cenoria
  • 35 g feixón verde
  • 20 g salsa tomate
  • 15 g pemento vermello
  • 15 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha cacerola quentar o aceite e engadir o allo e a cebola picados. Refogar e engadir a cenoria e o pemento. Ao cabo duns minutos engadir o tomate e o caldo coloreado e deixar ferver. Engadir os fideos e aos 5 minutos os feixóns coratados en dados xa cocidos.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras (cenoria, pemento, cebola e feixóns verdes). Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.

Fideos negros con luras

Fideos negros con luras

Fideos negros con luras

Información nutricional:

Kcal: 342
Proteínas: 52,3%
Hidratos de carbono: 21,7%
Lípidos: 25,9%

Ingredientes

  • 50 g fideo groso
  • 80 g luras
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 40 g gambas
  • 40 g mexillóns
  • 20 g salsa tomate
  • 15 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 2 g tinta lura
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Nunha cacerola quentamos o aceite e engadimos o allo e a cebola picados. Refogar e engadir a lura en tiras deixando facer uns minutos. Engadir a pasta e o tomate removendo. Engadir a tinta e o caldo necesario para a cocción. Cando comece a ferver engadir as gambas e os mexillóns. Rectificar de sal e deixar cocer ata que os fideos queden "ao dente".

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar. Ai que engadir o aporte en proteínas de alto valor biolóxico e en minerais das luras, gambas e mexillóins. Destacar tamén o contido destes alimentos mariños en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais, é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.

Inconvenientes:
As luras non son recomendables en persoas con colesterol alto e con hipertensión, porque presenta altos porcentaxes desta substancia.

Filete de tenreira en salsa de cebola

Filete de tenreira en salsa de cebola

Filete de tenreira en salsa de cebola

Información nutricional:

Kcal: 486
Proteínas: 33,4%
Hidratos de carbono: 19,5%
Lípidos: 47,0%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 1/2 vaso (100mL) caldo carne
  • 50 g arroz
  • 50 g cebola
  • 6 g fariña
  • 10 mL viño branco
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Primeiro preparamos a salsa de cebola: refogando no aceite o allo e a cebola cortada en tiras, sen que tome cor, engadir un pouco de fariña e o caldo a continuación deixando ferver. Cubrir coa fariña e remover uns instantes. Engadir primeiro o viño branco e logo o caldo de carne e deixar cocer 5 minutos, triturar, dar o punto de sal. Cortar os filetes, salpementar e marcar na prancha. Acompañar de arroz branco ao forno e cubrir coa salsa.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro. As propiedades saudables das cebolas débense, máis que á súa composición nutritiva, á súa abundancia de antioxidantes, entre eles os flavonoides e os compostos azufrados. Estes últimos son substancias precursoras de compostos volátiles que son os que aportan á cebola ese cheiro e sabor tan característicos.

Acelgas con gambas á crema

Acelgas con gambas á crema

Acelgas con gambas á crema

Información nutricional:

Kcal: 199,1
Proteínas: 37,5%
Hidratos de carbono: 32,8%
Lípidos: 29,7%

Ingredientes

  • 150 g acelgas
  • 50 g gambas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Preparar unha salsa bechamel con aceite, fariña e leite quente. Separadamente, refogar as gambas nun pouco de aceite, engadirlle as acelgas cocidas e quentar todo xunto. Engadir a bechamel e mesturar todo.

Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.