Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

ABRIMOS O 12º CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL EN AQUIÉ, PLENUS E AQUÍ

28 Abril, 2021

Xa está aquí o 12º Concurso de Debuxo Infantil dirixido aos nosos clientes! E nesta edición trae novidades… Queremos que todos os nenos e nenas dos nosos súper participen así que… este ano, ademais dos supermercados Aquié, tamén van participar no concurso os supermercados Plenus e Aquí de toda Galicia.
E cal é o reto? Este ano Floriposa sae de excursión cos seus amigos. Onde irán? Que lugares visitarán? Que aventuras vivirán? É o momento de que os máis cativos nolo ensinen.
Participar é moi sinxelo! Pide unha lámina para debuxar no teu súper habitual e… A debuxar!
Atopa toda a información do concurso nas bases legais que achegamos a continuación.
Ver cartel

Ver bases legais