Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

A ALMA DO BOSQUE EN CADA CASTAÑA

5 Abril, 2015

Do fero ourizo que inicialmente a protexe, ao suave envoltorio termoselado co que se acaba recubrindo: da castaña ao marrón glacé, obra un doce milagre, que transforma o froito da árbore do pan nun delicado manxar.
Abeiradas ao silencio dos soutos nos que pacientemente esperan pola súa recolleita, dificilmente poderían imaxinar as castañas o xiro que o destino ten para elas preparado. Esta xornada, as cámaras do equipo do programa “Callejeando” sortearán lume e vapor, a máis severa conxelación mesmo, para deixarse mergullar nos doces xaropes que durante unha semana transformarán o corazón da castaña, e que co glaseado final, supoñerán o paso final desta crisálida do reino vexetal.
La Región, 5 de abril de 2015, páxina 12.
Telemiño, 5 de abril de 2015, programa Callejeando.