Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

COÑECEMOS AOS GAÑADORES DO 14º CONCURSO DE DEBUXOS INFANTÍS!

22 Xuño, 2023

Nesta nova edicion do concurso de debuxos infantis dos supermercados Plenus e Aquie tivemos mais de 150 participacions. A tematica deste ano, “Floriposa descobre ou fondo marino”, serviu de inspiracion para moitos dos nenos e nenas que quixeron facernos chegar a sua creatividade e entusiasmo a traves da pintura.
Foi moi complicado decidirse, pero finalmente os debuxos ganadores desta edicion son:
1er PREMIO: Arian Fernandez Vidaurre, de 7 anos. Participante de Plenus Allariz.
2º PREMIO: Branca Tubio Silva, de 10 anos. Participante de Aquie Horreo.
3er PREMIO: Elsa Garcia Suarez, de 5 anos. Participante de Plenus Quiroga.
Todos os demais participantes tamen tenen un pequeno premio para agradecer a sua participacion. A partir desta semana, poderan recollelo nas tendas nas que entregaron os seus debuxos e gozar da sua recompensa.
Ver imaxe

Ver debuxos ganadores

SORTEAMOS 10 PACKS DE VERÁN NAS NOSAS REDES SOCIAIS

9 Xuño, 2023

O sorteo do mes de xuno ven cargado de ganas de veran! Para darlle a benvida ao bo tempo sorteamos 10 packs de veran, ideais para unha tarde na praia, na piscina, no parque… Ou onde ti queiras!
Cada pack conten un xogo de cartas “Memorion”, zumes, barritas de cereais e froita fresca. Para participar so hai que ser seguidor do perfil de Gustame Ir Ao Super en Instagram e/o Facebook, etiquetar a 2 amigos cos que gozarias do pack de produtos e, se queres unha participacion extra, publicar en stories a publicacion do sorteo.
O sorteo estara vixente desde o 9 de xuno ata o proximo 20 de xuno as 11:59h. A entrega dos 10 PACKS VERAN realizaranse unicamente nos nosos supermercados Plenus e Aquie.
Ver imaxe

consultar bases legais

REIMPLANTACIÓN DE PLENUS POBRA DE SAN XIAO

7 Xuño, 2023

No mes de maio traballamos na mellora do noso supermercado Plenus en Pobra de San Xiao. Leva ofrecendo unha ampla variedade de produtos desde 2015, e agora sera ainda mellor xa que conta coa incorporacion dun novo lineal de artigos. Nesta reimplantacion tamen retiramos varios expositores, mellorando a experiencia de compra e facilitando o acceso a todos os puntos de compra, aumentando a cantidade de variedade ofertada no super.
Ver imaxe