Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

OS NOSOS SUPERMERCADOS ESTÁN XA NA APP DCOUPON

24 Xuño, 2021

Estamos felices de comunicarvos que os nosos supermercados Aquié, Plenus e Aquí xa son puntos de venda nos que se poden trocar os cupóns e promocións da APP dcoupon.
E que é dcoupon?
É unha aplicación para descargar no móbil que permite trocar cupóns desconto ou promocións de fabricantes nos nosos supermercados. Entra na APP, consulta os cupóns dispoñibles e cando pases por caixa a pagar goza dun desconto directo nas túas compras!
Queres saber máis da APP de dcoupon?
Descárgaa xa e aforra con nós!
Ver imaxe

Descarga para Android

Descarga para IOS

Consulta aquí todos os nosos puntos de venda

ABRIMOS UN NOVO SPAR EXPRESS EN SILLEDA

23 Xuño, 2021

Benvido Spar Express Silleda! Incorporamos á nosa rede de franquiados a unha nova tenda situada no Lugar de Gorís, nº 42; Lamela. Silleda.
A nova franquía, de 120 m2, conta cos exclusivos produtos da nosa marca branca Spar así como unha selección de primeiras marcas de fabricante e seccións de charcutería, froitería e panadería. Un equipo de dúas persoas encargarase de atender ao público de luns a sábado de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e os domingos de 10.00 a 14.00 horas. Os xoves pola tarde estará pechado por descanso do persoal.
Benvidos á familia de Grupo Cuevas!
Ver imaxe

DAMOS A BENVIDA A UN NOVO SPAR EXPRESS EN PEREIRO DE AGUIAR

14 Maio, 2021

O pasado venres día 14 de maio abrimos as portas dun novo Spar Express. Está situado en Pereiro de Aguiar, moi próximo á ITV situada no polígono industrial do mesmo nome. A nova tenda forma parte da área de servizo Pereiro Park que tamén proporciona servizo de cafetería, ademais de reposición de combustibles. No novo supermercado atoparemos unha selección de produtos de primeiras marcas así como a nosa marca propia Spar e estará aberto en horario de 5:45 a 23:45 h todos os días do ano.
Ver imaxe

Máis información

GAÑA UNHA EXPERIENCIA FORD PUMA CON ALOXAMENTO INCLUÍDO

29 Abril, 2021

Sorteamos 3 premios dunha fin de semana para dúas persoas no que poderás vivir a experiencia de conducir o novo Ford Puma e de aloxarte nunha paraxe incomparable na provincia de Ourense.
Participar é moi sinxelo. Con cada compra superior a 20 euros que realices no teu súper habitual*, entregarémosche unha boleta de participación. Cúbrea cos teus datos e introdúcea na furna que atoparás no teu súper.
*Promoción válida só nos supermercados Aquié, Plenus e Aquí da cidade de Ourense e Allariz. Consultar establecementos adheridos nas bases legais.
Ver cartel

Ver bases legais