Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GAÑA A COMPRA DUN ANO CON SPAR

31 Agosto, 2021

Mañá comeza setembro e con el, chega unha promo moi especial nos nosos supermercados. Sorteamos 13 compras valoradas en 2.500 € cada unha e 200 talonarios de 100€.
Queres ser unha das persoas afortunadas? Participar é ben sinxelo. Pon atención: Con cada compra superior a 10€ que realices desde mañá e ata o próximo 22 de setembro en calquera dos nosos supermercados, recibirás unha participación para o sorteo desta choiva de premios.
Introduce os teus códigos de participación na web www.sorteospar.es e rexistra os teus datos. Cantas máis participacións introduzas, máis posibilidades terás de facerche cun dos premiazos desta promoción que fará que aforres máis na túa cesta da compra.
Nunca un billete da compra dera para tanto!
Podes consultar as bases legais na web www.sorteospar.es.
Ver imaxe campaña

CHEGA A PLENUS E AQUIÉ A COLECCIÓN DE ACCESORIOS DE COCIÑA PERCUTTI LEGNO

O chef con tres estrelas Michelin Dani García, un dos cociñeiros andaluces con maior proxección internacional, preséntanos unha colección de accesorios que marcarán a diferenza na túa cociña.
Consigue agora a un prezo especial batedoras, picadores, muíños, rodetes ou peladores multiusos, entre outras moitas pezas coas que as túas elaboracións serán coser e cantar.
Queres conseguilos? É moi sinxelo. Por cada 5 euros de compra que realices en calquera dos nosos supermercados Plenus ou Aquié entregarémosche un punto que poderás pegar na cartilla que atoparás na nosa zona de caixas. Reúne os cinco puntos necesarios e adquire a peza da colección Percutti Legno que prefiras.
Queres ver todos os accesorios de preto? Está dispoñible desde o 1 de setembro en toda a nosa rede de supermercados de Galicia.
Promoción válida ata o 9 de decembro de 2021 ou fin de existencias.
Consulta todas as condicións e unidades dispoñibles na túa tenda habitual.
Ver imaxe campaña

Ver catálogo de accesorios

GRUPO CUEVAS ADQUIRE O NEGOCIO DE MALAQUÍAS MORALES, QUE OPERA EN ASTURIAS E CANTABRIA

4 Agosto, 2021

Grupo Cuevas deu un paso máis no seu proceso de expansión, entrando agora en Asturias e Cantabria, coa adquisición de toda a unidade de negocio da histórica empresa Malaquías Morales, dedicada especialmente á venda no sector de hostalería desde 1946, estando presente no mercado asturiano durante os últimos 75 anos, cunha variedade de máis de 2.500 referencias.
A operación permite consolidar unha das actividades do grupo ourensán, a venda ao sector almacenista, a través da insignia Cuevas Cash, que englobará agora tamén os centros desta sociedade, que se sitúan nos municipios asturianos de Castropol, Luarca, Xixón, Pola de Siero, Langreo, Cangas de Onís, Llanes e na localidade cántabra de Cabezón de la Sal, ademais da sede central do polígono industrial de Rozamentos, en Xixón.
Ler nota de prensa

GRUPO CUEVAS MEDRA UN 13,1% E FACTURA 125 MILLÓNS NO EXERCICIO MÁIS EXPANSIVO DA SÚA HISTORIA

29 Xuño, 2021

"En Grupo Cuevas propuxémonos non lembrar 2020, nin os anos seguintes, pola pandemia e os seus efectos ou consecuencias, senón por fitos como alcanzar a maior dimensión de emprego nos 154 anos de historia da compañía, fortalecer o apoio ás familias, materializar o traslado á nova sede e continuar co despregamento en zonas rurais que carecen de alternativa empresarial”. Na presentación de resultados realizada esta mañá nas novas instalacións da Cidade do Transporte (San Cibrao das Viñas), o director xeral da compañía, Artur Yuste, antepuxo o compromiso social, laboral e produtivo aos resultados económicos, nun exercicio con novos récords de emprego, facturación e beneficio, e de consolidación do fluxo investidor.
Máis información nas notas de prensa.
Ver imaxe

Ler nota de prensa

Ler nota de prensa – Cuevas Cash

Ler nota de prensa – Hábitos de consumo