Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

SORTEO PACK ALMORZO SORPRESA

15 Setembro, 2021

Sabías que o almorzo é a comida máis importante do día? Tras horas de xaxún e descanso, un almorzo completo e equilibrado axúdanos a afrontar con enerxía un longo día. Por iso… SORTEAMOS UN PACK ALMORZO SORPRESA valorado en 20 €!
Para conseguilo só tes que entrar nas nosas redes sociais e seguir atentamente as instrucións.
E se queres saber máis, aquí atoparás as bases legais do sorteo.
Ver imaxe

Bases legais

GRUPO CUEVAS CULMINA O SEU PLAN DE RENOVACIÓN DE SUPERMERCADOS AO FORMATO PLENUS

9 Setembro, 2021

Na mañá do día de hoxe reabría as súas portas, baixo a insignia Plenus, o supermercado que Grupo Cuevas ten situado na Avda. de Portugal, en Ourense. Con 21 anos de traxectoria, esta foi unha das primeiras experiencias que o centenario grupo ourensán tivo co ámbito do comercio polo miúdo co lanzamento das tendas de proximidade Aquí. A pasada semana, realizaba tamén esta adaptación ao novo formato a tenda situada, tamén en Ourense, na rúa Río Sil do barrio do Vinteun. Con estas aperturas culmina o plan estratéxico de transformación e actualización dos supermercados de Grupo Cuevas que operarán, desde hoxe, coas insignias Plenus (16 puntos de venda) e Aquié (3 puntos de venda).
Ver imaxe

Ler nota de prensa

HOXE REABRIMOS AS PORTAS DE PLENUS RÍO SIL

3 Setembro, 2021

Tras varios días de reforma e acondicionamento de novos espazos, hoxe chega o día de reestrear o noso supermercado situado na rúa Río Sil. O pasado sábado día 28 de agosto baixabamos a persiana como Aquí e hoxe estamos a desexar subila xa convertidos en Plenus. Con esta remodelación, a tenda moderniza as súas instalacións, renovando espazos crave como a sección de peixaría e alíñase, así, aos supermercados que xa operan baixo esta insignia en toda Galicia. Na actualidade, e con esta reforma, Grupo Cuevas conta con 19 supermercados propios en toda a comunidade. O supermercado vai seguir contando co mesmo equipo co que contaba ata o momento e abrirá as súas portas de luns a sábado de 9:15 a 14:30 e de 17:00 a 21:00 horas. Ver imaxe