Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

AQUIÉ FLEMING CONVÉRTESE, POR UN DÍA, NUN ESTUDIO DE FOTOS

27 Outubro, 2021

O pasado domingo día 17 de outubro, o supermercado Aquié de cálea Doutor Fleming de Ourense converteuse, durante unhas horas, nun estudio de fotografía. E é que a compañía ourensá Sociedade Téxtil Lonia, desenvolveu nesta tenda de Grupo Cuevas unha sesión de fotos con produtos da súa marca Purificación García.
Os corredores do supermercado acolleron fotografías en grao sumo divertidas nas seccións de almorzo, bebidas e mesmo na zona de produtos de limpeza. Aínda que a zona estrela, sen dúbida, foi a sección de frutería que cos seus alimentos cheos de frescura puxeron a nota de cor á colección que a marca quería potenciar.
Queres ver como se fixo? Moi pronto o contaremos nas nosas redes sociais.
Queres ver o resultado? Algunhas das instantáneas dese día xa están publicadas no perfil de Instagram de Purificación García.
Ver imaxe

Ver publicación

GRUPO CUEVAS LOGRA 3 INDICADORES ARDÁN NA SÚA EDICIÓN 2021

22 Outubro, 2021

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través dos estudos realizados polo Servizo de Información Empresarial ARDÁN, recoñeceu a dúas das empresas que conforman Grupo Cuevas con tres indicadores na súa edición 2021.
Ignacio das Cuevas, empresa adicada á distribución alimentaria da compañía, recibiu o indicador GR, como empresa xeradora de riqueza ao presentar un EVA ( Economic Value Added) superior a 150.000 euros no primeiro ano e un crecemento superior ao 10% durante tres anos consecutivos e revalida o indicador IG que xa obtivera no ano 2020, como empresa que presenta altos valores de igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral.
Pola súa banda, Cuevas e Compañía, a empresa do grupo dedicada á transformación da castaña, obtén por primeira vez o indicador EC, como empresa que realiza a xestión da súa actividade baixo estándares e indicadores de economía circular. Este recoñecemento ten especial importancia xa que soamente un 5% das máis de 30.000 empresas analizadas en Galicia conseguiron superar estes esixentes criterios.
Ver indicadores

CHEGA O CATÁLOGO ESPECIAL ” SELECIÓN DE NADAL” DE GRUPO CUEVAS

13 Outubro, 2021

Cada ano, por estas datas, prodúcese unha migración especial. Alces, cervos e renos reciben no seu interior unha chamada da natureza. Unha chamada máxica: “Imos. É a hora”. E estean onde estean, comezan a súa lenta e cadenciosa peregrinación cara ao Nadal. É un encontro moi especial, trátase da elección daqueles que tirarán do trineo, os máis fortes, os mellores exemplares.
Toda unha honra. E de entre eles, un terá a responsabilidade de ser o capitán.
Encabezará o tiro e desde ese momento lucirá con orgullo o fuciño vermello.
Ver imaxe

Ver catálogo de lotes, cestas e bauis

CHEGA O CATÁLOGO ESPECIAL ” SELECIÓN DE NADAL” DE GRUPO CUEVAS

Cada ano, por estas datas, prodúcese unha migración especial. Alces, cervos e renos reciben no seu interior unha chamada da natureza. Unha chamada máxica: “Imos. É a hora”. E estean onde estean, comezan a súa lenta e cadenciosa peregrinación cara ao Nadal. É un encontro moi especial, trátase da elección daqueles que tirarán do trineo, os máis fortes, os mellores exemplares.
Toda unha honra. E de entre eles, un terá a responsabilidade de ser o capitán.
Encabezará o tiro e desde ese momento lucirá con orgullo o fuciño vermello.
Ver imaxe

Ver catálogo de lotes, cestas e bauis

GRUPO CUEVAS ESTARÁ PRESENTE NO SALÓN XANTAR 2021

6 Outubro, 2021

Grupo Cuevas abandera unha nova edición do Concurso Gourmet que se desenvolverá no marco de actividades do 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico “ Xantar” que este ano terá lugar do 3 ao 7 de novembro en Expourense.
No IX Concurso Gourmet Grupo Cuevas, impulsaremos fortemente o emprego da castaña que chegará ás cociñas do “Aula Gastronómica Covas” en “ Xantar” da man das elaboracións que se presenten por parte dos participantes finalistas en cada unha das categorías que se habilitaron para tal fin: profesionais, semiprofesionais e afeccionados á cociña. Nesta edición, o obxectivo do concurso virará ao redor da promoción da cociña autóctona con especial atención á castaña e a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade.
O certame reunirá as propostas máis novas e orixinais interpretadas a través de persoas cuxo papel na cociña é ben diferente. Poderemos degustar receitas de participantes que fan da cociña o seu modo de vida profesional. Tamén haberá espazo para todas aquelas iniciativas que, sen pertencer ao ámbito profesional, proceden de ámbitos ligadas á gastronomía ou teñen formación entre fogóns.
E finalmente, na sección afeccionados, gozaremos de pratos caseiros e de ideas que poderían formar parte do menú dunha familia. Aula Gastronómica Grupo Cuevas. Unha aula na que experimentar, degustar, sorprendernos e tamén na que aprender sobre alimentación equilibrada e diversa. Este é o espazo aberto a profesionais que propón Grupo Cuevas na 22ª celebración de Xantar e no que terán lugar diferentes showcookings, demostracións, degustacións, presentacións, talleres e conferencias que propoñerán ao visitante un achegamento non só á cociña de diferentes países convidados ao salón, senón tamén á cociña ourensá e galega desde a óptica máis tradicional á máis innovadora.
Tamén veremos neste espazo aos participantes do IX Concurso Gourmet Grupo Cuevas aplicar a castaña durante os pases de demostración en directo das receitas seleccionadas como finalistas polo xurado. Os gañadores desta edición poderán gozar de premios en forma de vales de compra que poderán trocar nos centros cash and carry, Cuevas Cash e na rede de supermercados “Gústame ir ao súper” formada polas marcas: Plenus e Aquié. Se queres participar, aínda estás a tempo. Consulta as bases na seguinte ligazón.
Ver cartel

Bases legais