Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GRUPO CUEVAS RECIBE O PREMIO MENTOR QUE CONCEDE AJE OURENSE

26 Marzo, 2021

A Asociación de Novos Empresarios de Ourense (AJE) celebrou onte, no Salón de Actos da Tecnópole a IX Edición dos Premios AJE Ourense.
Neste acto foron recoñecidas co Premio a Mellor Empresario do ano 2020, Vanessa Pena e Jesica Osorio. Doutra banda, o premio a Mellor Iniciativa Emprendedora 2020, foi para a axencia de márketing dixital e informática Dixital Gou, impulsada por Pablo Lorenzo Sanmartín. O xurado dos Premios AJE outorgou o galardón ao Compromiso Social 2020 ao Banco de Alimentos de Ourense.
Grupo Cuevas tamén foi unha das empresas premiadas neste acto, co Premio Mentor, un recoñecemento ao espírito altruísta e construtivo da organización, que compartiu coa Asociación de Taxis de Ourense, e as empresas A Lebre Mensaxeira e Calidus e Galego cátering. Cada unha no seu ámbito, levaron a cabo iniciativas durante a corentena para protexer e axudar á poboación de maior risco, como repartición a domicilio de alimentos, menús ou viaxes gratuítos para o persoal sanitario. Carlos Costa, director comercial adxunto de Grupo Cuevas, foi o encargado de recoller este premio así como de agradecer á AJE a súa iniciativa e a posibilidade de seguir traballando por facer a vida máis fácil ás persoas.
Na imaxe a foto de familia de todos os premiados nesta edición.
Ver imaxe

GRUPO CUEVAS REABRE MAÑÁ O SEU SUPERMERCADO MÁIS EMBLEMÁTICO DO RURAL

24 Marzo, 2021

Mañá xoves, día 25 de marzo, reabre as súas portas como Plenus o supermercado Aquí de Allariz, na provincia de Ourense. Con 17 anos de traxectoria, esta emblemática tenda que o centenario grupo ourensán abría na localidade de Allariz en xullo do ano 2003, alcanzará a súa maioría de idade reconvertido xa en Plenus Supermercados. A reforma deste local, ao que se destinaron máis de dous meses de traballo, dá un maior protagonismo ao espazo de frescos, poñendo o acento nas seccións con venda asistida nas que Grupo Cuevas destaca, como son a peixaría, cunha nova e ampliada localización, a froitería, que incorpora unha máquina para comercializar zume recentemente espremido, a carnicería e charcutería e, como novidade, unha desenvolvida sección de panadería con especial atención a referencias de produto do día e de proximidade así como a introdución da gama “recentemente enfornado”. A tenda, que será atendida por un equipo de 17 persoas, dará servizo en horario ininterrompido, de luns a sábado, desde as 9.15 horas ata as 21.30 horas.

A XXVII EDICIÓN DE LOS PREMIOS PUBLICIDADE EN GALEGO GALARDOAN O ANUNCIO “GÚSTAME IR AO SÚPER”

22 Marzo, 2021

O Parlamento de Galicia celebra hoxe ao mediodía o acto de entrega da XXVII edición dos Premios de Publicidade en Gallego, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta coa colaboración do Foro Enrique Peinador. Estes premios teñen como obxectivo principal o de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario e establecen 5 categorías de participación, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. Grupo Cuevas resultou galardoado na categoría da internet polo anuncio publicitario “Gústame ir ao Súper” realizado para a liña de supermercados da compañía e que se está emitindo na actualidade na súa canle de Youtube. Se queres ver o anuncio, podes facelo a través da seguinte ligazón. Ver imaxe Ver anuncio

SORTEAMOS 50 XOGOS DE FLORIPOSA

16 Marzo, 2021

Moi pronto os máis pequenos da casa, e algúns non tan pequenos, poderán gozar duns días de descanso con motivo dos festivos que nos trae a Semana Santa. Para gozar do lecer durante estes días que mellor que un plan coa nosa mascota Floriposa na súa versión dominou ou co seu divertido xogo da oca. Entra nas nosas redes sociais e participa. É moi sinxelo! Sorteamos 50 xogos entre todos os participantes.
Ver imaxe

Consulta bases legais