6 Marzo, 2020
Hoxe comezamos en #AquiéHórreo a nosa quinta exposición da Campaña #SacaUnDezCadaDía!
Como é lóxico, nesta ocasión o número cinco é a clave, por iso, dende #GústameiraoSúper propoñémosche facer 5 comidas ao día!
Pero ollo! O ideal é centralizar o consumo de calorías en 3 comidas principais: almorzo, xantar e cea; e introducir o resto de calorías nas 2 comidas secundarias: unha a media mañá e outra á merenda.
Ademais, se te achegas á expo poderás descubrir os utensilios de cociña que empregaban os teus antepasados: a pota de tres pés, a peneira, o molde para bica, cociñas portátiles… Si, si, cociñas portátiles! Pode que os nosos avós ou bisavós non tiveran microondas pero xa tiñan inventos para quentala comida aló onde tiveran que ir traballar. Queres descubrir a súa cociña viaxeira? Agardámoste! E bo proveito!
Ver imaxe
3 Marzo, 2020
Onte luns, día 2 de marzo, comezou a súa andaina un novo Spar Express. Esta tenda que conta coas seccións de froitería, carnicería e chacinería, é a primeira que Grupo Cuevas abre en Castela e León baixo este formato.
A tenda está situada na localidade zamorana de Villanueva del Campo e adquire o número 44 na lista de supermercados que Grupo Cuevas posúe en formato de franquía.
Con esta apertura, Grupo Cuevas continua desenvolvendo o seu modelo de crecemento sostible vinculado ao compromiso pola dinamización das zonas rurais non só en Galicia, senón tamén en todos os territorios nos que está presente.
Ver imaxe
7 Febreiro, 2020
Consulta no botón adxunto todas as bases legais da promoción: SORTEO DE 5 CESTAS DE ENTROIDO EN PLENUS MONTERROSO.
Esta promoción desenvolverase exclusivamente neste supermercado.
Consulta aquí as bases legais
5 Febreiro, 2020
SORTEO SAN VALENTÍN!
Xa está aquí un dos sorteos máis románticos do ano! Foi chegar febreiro e en Gústame ir ao Súper empezamos a ver corazoncitos por todas partes.
Como nos encanta botarlle unha man a Cupido, este ano decidimos sortear unha deliciosa cesta de San Valentín para que a compartas con quen ti queiras.
Que como podes conseguila? Pois moi fácil, para participar no sorteo só tes que acceder á nosa páxina de fans en Facebook ou ó noso perfil de Instagram e seguir as sinxelas instrucións que che indicamos, paso a paso.
Tes de prazo para participar ata o vindeiro mércores 12 de febreiro ás 12:00 h. Participa xa, que logo se che esquece!
Consulta aquí as bases legais
20 Xaneiro, 2020
Este luns día 20 de xaneiro abrimos as portas dun novo punto de venda. Nesta ocasión trátase dunha tenda franquiada Spar Express que está situada na Avenida de Zamora 136, da cidade de Ourense.
A tenda, duns 200 metros cadrados, conta con produtos da marca Spar e con seccións de frescos como peixaría, carnicería e frutería.
Estará aberto de luns a sábado de 9.00 a 12.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Tamén abrirá os domingos pola mañá de 9.30 a 14.00 horas.
Ver tenda