16 Abril, 2020
Mercaproximidade. Ese é o nome da nova canle de comercialización de produtos do sector primario posto en marcha pola Consellería do Medio Rural para dar saída ás producións de agricultores e gandeiros golpeados polo peche da hostalería, a suspensión das feiras ou a clausura dalgúns mercados municipais.
Os supermercados de Grupo Cuevas adhírense a este programa poñendo ao dispor dos clientes produtos dos agricultores e gandeiros que, pola súa banda, tamén se adhiran ao proxecto ofrecendo os seus produtos.
A idea non só é dar saída a estes produtos, a través da súa comercialización en supermercados senón que tamén busca dar a coñecer ao consumidor a orixe dos produtos que compra.
A apertura da canle irá acompañada dunha campaña informativa dirixida ao consumidor final para dar a coñecer aos produtores que a integran, ademais das empresas distribuidoras que colaboran.
8 Abril, 2020
O programa Bos días de TVG, desprazouse nos días previos a Semana Santa ata o noso supermercado Aquié en Santiago de Compostela para coñecer, de primeira man, que produtos estaban a consumirse máis nos días previos aos festivos. A nosa compañeira Sonia Ferreiro, responsable da tenda, explicoulle que o novo produto estrela é o lévedo para facer respostería en casa.
Podes ver a entrevista completa a partir do minuto 46.50.
Pola súa banda, o informativo de TVE na súa delegación territorial en Galicia, tamén visitou este centro esta semana para continuar o seguimento dos produtos máis demandados polos clientes pasados os días festivos.
Para ver a noticia, pulsar na ligazón de TVE a partir do minuto 4.57.
Ver noticia TVG
Ver noticia TVE
5 Abril, 2020
O diario La Voz de Galicia publica nas súas páxinas do domingo unha entrevista realizada a Nazaret, segunda responsable de tenda en Aquié Fleming. Ela cóntanos, en primeira persoa, como está a vivir esta situación desde o seu traballo no supermercado.
Ler entrevista
1 Abril, 2020
Os pequenos artistas da casa xa che fixeron retratos dende todos os ángulos posibles?
Espertar a vía creativa pode ser un xeito marabilloso para que os días na casa sexan máis levadeiros, por iso agora, nas nosas tendas tamén poderás atopar material para que non paren de crear!
Moitas grazas, mamás e papás, por non vir cos máis cativos ao súper nestes días.
Ver imaxe
26 Marzo, 2020
Como cada tardiña, ás 20:00h, os veciños da rúa O Pinar, no Porriño, saen aos balcóns a aplaudir o enorme esforzo de todos os traballadores que están facendo esta situación de confinamento máis levadeira.
E, por suposto, as nosas compañeiras de #AquiéPorriño tamén se unen a eses aplausos, e mesmo ao baile! Vaia ambientazo hai neses balcóns! Atentos á súa coreografía!
#XuntosMáisFortes #QuedaNaCasa
Ver noticia